O Ateneo Santa Cecilia conmemorará o #8M homenaxeando a todas aquelas mulleres artesáns e artistas cunha exposición creada ex profeso para esta data

5 Marzo 2021

O vindeiro luns, celébrase o Día da Muller, actualmente máis coñecido como 8M. Dende o Ateneo Santa Cecilia este ano queren conmemorar esta data homenaxeando a todas aquelas mulleres artesáns e artistas, de que maneira?, pois cunha exposición moi especial creada ex profeso para este día.

8 MULLERES, exposición de mulleres artesáns e artistas de Marín

A inauguración terá lugar no local do Ateneo Santa Cecilia, o luns 8 de marzo, ás 20:30 horas. A exposición poderase visitar dende o 9 de marzo ata o 20 de marzo, en horario de 17:00 a 20:00 horas, de martes a venres, e sábados de 11:00 a 13:00 horas.

O mostra contará coa destreza das mans de 8 mulleres de Marín que amosaranos unha pequena mostra do seu traballo.

Para homenaxear a todas estas mulleres empregouse como imaxe da exposición a Maud Wagner (1877-1961, Estados Unidos), a que se sitúa como primeira muller tatuadora profesional da historia, unha profesión destinada tradicionalmente aos homes.

Disciplinas como a cerámica, a encadernación artística, a fotografía, a decoración de teza, o coiro, a xoiería, a cestería, a tapicería ou o soutache; cubrirán as paredes do Ateneo Santa Cecilia durante estas dúas semanas do mes de marzo.

  • Laura Villanueva (Cerámica)
  • Ana Varela (Encadernación artística)
  • Maribel Rosales (Fotografía)
  • Dini Martínez (Decoración en teza)
  • More (Coiro)
  • María Iglesias (Xoiería)
  • Pili Campos (Cestería/Tapicería)
  • Marta Carballo (Soutache)


BIOGRAFÍAS ARTISTAS


LAURA VILLANUEVA (Cerámica)

A miña relación coa cerámica xa ven dende nena, participando en talleres de cerámica, en cursos e actividades relacionadas. Así mesmo en exposicións, mostras e feiras.

Fan agora cinco anos dende que dispoño da carta de artesana e creei o meu estudio-obradoiro de producción e venta de cerámica, chámase Alén das olas e está ubicado en Marín. Nel tamén organizo cursos de iniciación nas técnicas cerámicas.

Creo que existe unha ampla presencia de mulleres no sector das artesanías, basta con ver o catálogo de artesáns da Fundación Artesanía de Galicia para decatarse de que as mulleres temos unha ampla presencia neste sector.

“Recomendaría as futuras xeracións de rapazas que crean en si mesmas”.


ANA VARELA (Encadernación artística)

Deseñadora gráfica editorial, de orixe marinense,  pero fincada actualmente en Barcelona. Comezo a miña andaina no mundo dos libros cursando Deseño e Produción Editorial, estudos que continúo cun Máster en Edición e Ciclos Formativos de Fotografía e Encadernación Artística.

“Levo vinculada profesionalmente, desde fai trece anos, a proxectos editoriais independentes, traballando na coordinación editorial e o deseño, e colaboro con Organizacións non gobernamentais e Fundacións no desenvolvemento de produtos editoriais”.


MARIBEL ROSALES (Fotografía)

Marinense e diplomada en Fotografía Artística pola Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo (Santiago de Compostela 1993), son fotógrafa profesional ininterrompidamente desde o ano 1994, con experiencia en fotografía comercial, de moda, industrial, catálogos, reportaxe social,… con traballos para diversas empresas e institucións de toda Galicia. A formación contínua é un lema en Foto Robel, participando cada pouco tempo en cursos presenciais e a distancia sobre actualizacións e novas técnicas de fotografía e maquetado.

“Xa fotografei as vodas dalgúns marinenses aos que xa lles fotografei na súa Primeira Comunión”.


DINI MARTÍNEZ (Decoración teza en relevo)

Marinense de orixe, leva decorando tellas en relevo dous anos. Descubriu esta faceta artística mergullando na internet, aínda que realmente descoñece se é unha técnica popular. Basicamente comezu a facelas cando viu unha web nas que as vendían, e decidiu facelas eu mesma.

“Oxalá me puidese gañar a vida facéndoas, pero vai ser que non é posible, con todo, achégame entretemento e unha actividade distinta á do meu traballo habitual”.


MORE (Coiro)

Chámose Almudena aínda que todos a ceñecen como More. Ten 35 anos e é unha artesá autodidacta de Marín. Dedícose ao deseño e elaboración de complementos exclusivos e personalizados principalmente en pel, pezas únicas feitas a man.

“Teño o meu taller na praza de abastos de Marín desde hai 2 anos, O TALLER DE MORE, aínda que todo comezou desde hai tempo como un hobby creando os meus propios complementos sempre en pel: bolsos, cintos, pulseiras, carteiras etc. Na actualidade conto tamén cun gravadora láser que me permite crear outras pezas noutros materiais como pendentes e llaveros de metacrilato ou gravacións en madeira e combinalas de maneira única coa pel, ao estilo MR”.

MARÍA IGLESIAS (Xoiería)

Apaixonada do debuxo artístico, a arte e o deseño. Cursou os seus estudos na Escola de Xoiería  Alfalia en Pontevedra. Leva quince anos na xoiería artesanal (Marín – Mogor).  Comezou de aprendiz nun obradoiro e un ano despois monteu o seu propio taller. No 2017 toma as rendas da Xoiería VIJUMA o negocio familiar da súa parella .

“Crer profundamente no que fas faite sentir ben contigo mesma porque es única”.


MARÍA DEL PILAR CAMPOS (Tapicería e Cestería)

Nada en Marín, filla dun madrileño e unha maña e con residencia en Marín. Leva na cestería case catro décadas. Empezou por curiosidade nun curso que ofreceu o Ateneo Santa Cecilia hai 37 anos, gustoulle e cativouna.

Fui autodidacta, compreu moitos libros, aínda que daquela non había internet para compralos. Impartiu clases desta artesanía a diversos grupos de persoas; nenos en colexios, asociacións de mulleres rurais e a presos do centro penal da Lama. En total máis de 100 talleres entre Cestería e Tapicería.

“Estaría ben que non se perdesen estas artesanías, aínda que é complicado gañarse a vida con iso. As persoas buscamos cada vez máis o cómodo. Se antes usabamos cestos para infinidade de tarefas (recollida de froita, patacas, almacenamento, vendima, etc.), agora o capacho de plástico é o rei. De todos os xeitos é moi gratificante ver como as pezas de cestería van aos poucos collendo forma e os vellos sofás cobran novas vida”.


MARTA IGLESIAS (Soutache)

Nada en Marín e avogada de profesión. Escoitou por primeira vez a palabra soutache cando unha amiga no 2014 lle dixo que así se chamaba a técnica coa que se fixeron uns pendentes que Marta acababa de comprar. Ese mesmo día, descubriu na internet que xa se empregaba no século XVIII para a ornamentación de traxes de época, e a súa tremenda curiosidade fixo que ao día seguinte comprase fíos, agullas, uns abelorios e puxéseme ao choio. O resultado foron uns pendentes aos que seguiron broches, colgantes, pulseiras,…

No seu caso nunca pensou converter a súa afección nin na súa profesión nin no seu motor económico, pero serviulle para valorar moito máis a artesanía e constatar o minusvalorada que está.

“A pesar de non ser eu unha voz cualificada na materia, nin quen para dar consellos, ás futuras xeracións de artesás diríalles que sexan felices co seu traballo porque iso reflíctese nas súas creacións e que poñan en valor as súas pezas porque cada unha delas son o reflexo da súa identidade”.

Está pasando!