Romaría Tradicional Abiñadoira | Concello de Sanxenxo

A Asociación Abiñadoira porá o broche de ouro ás XXXI Xornadas Culturais coa Romaría Tradicional, este domingo, 29

27 Xuño 2025

A Romaría Tradicional do domingo 29 de xuño, porá o broche de ouro á programación das XXXI Xornadas Culturais que organiza a Asociación Abiñadoira en colaboración co Concello de Sanxenxo.

Unha iniciativa que supuxo a orixe destas xornadas culturais que foron ano tras ano crecendo, profundando no carácter participativo das festas tradicionais.

Romaría Abiñadoira | Concello de Sanxenxo

Un total de 25 postos con distintos produtos artesáns de alimentación e complementos colocaranse ao longo da Rúa de San Isidro durante a xornada.

Ás 13 horas haberá sesión vermú coa Banda de Música de Sanxenxo e, a continuación, abrirase o micro para todos aqueles grupos ou cantantes que queiran participan na festa.

Ás 20:30, haberá unha actuación de Portonovo Canta; ás 21:30 horas, será a quenda de Afoutes de Canón de Pau e ás 22 horas, o grupo de música galega, Fiandola pechará a xornada.

Está pasando!