‘Máis Saaabor!’ | Culturactiva

A Deputación leva este xoves a Salvaterra de Miño o espectáculo ‘Máis Saaabor!’ a través do circuíto ‘+Escénicas’

19 Agosto 2025

Logo de 200 funcións con ‘Saaabor!’, chega á Praza do Concello de Salvaterra de Miño, unha nova proposta cómica dirixida por Avelino González e protagonizada por Félix Rodríguez e Fran Rei sobre o mundo da gastronomía e a alimentación saudable.

‘Máis Saaabor!’ mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. A nova cociña mundial abre o seu novo establecemento na vosa localidade e ides ter que probalo!

Un espectáculo para público infantil e familiar, con entrada de balde, incluído no circuito +Escénicas’ da Deputación de Pontevedra.

Está pasando!