A Festa do Viño do Condado do Tea, a segunda más antiga de Galicia, chega a súa sexasésima sexta edición

12 Agosto 2025

Achégase unha nova edición da Festa do Viño do Condado do Tea que se celebrará os días 29, 30 e 31 de agosto no recinto amurallado de Salvaterra de Miño.

A LXVI edición desta festa Declarada de Interese Turístico de Galicia continuará apostando por esa ampliación de espazo que foi a principal novidade o pasado ano debido a gran afluencia de público das últimas edicións. O recinto ampliábase a toda a Muralla contando con espazo de mesas tamén na Praza do Castelo cun segundo escenario, o que resultou un éxito no 2024 co cheo total en todo o recinto.

Como en cada edición a música é parte fundamental e nesta ocasión os concertos das noites gastronómicas serán os de Galifunk Brass, De Ninghures, G-Face, La MMarca, Os D´Abaixo, O Caimán do Río Tea, Lenha Verde, Son das Tabernas e La Trío Machine. Ademais, o domingo será o turno dos grupos folclóricos e bandas de gaitas locais, que amenizarán a mañá para todos.

A Festa do Viño do Condado do Tea, a segunda máis antiga de Galicia, manifesta tamén un incremento de adegas, cun total de 29, máis de 100 referencias de viños, un récord para o evento, e máis postos de comidas que dan servizo as mesas ubicadas en ambos espazos. Todo para acoller comodamente ós visitantes e veciños e veciñas que cada ano acuden a festa, xa consolidada como unha das citas importantes e imprescindibles do verán.

Nesta edición o pregoeiro será o actor, presentador e productor Rubén Riós que dará lectura ó pregón o domingo 31 ás 13:00h no recinto amurallado, será despois do acto que dará a coñecer ós viños deliciosos do ano e a actuación dos grupos folclóricos e bandas de gaitas de Salvaterra de Miño. Previamente terá lugar o XXXII Gran Capítulo da Cofradía do Viño Condado do Tea e Espumosos onde se nomeará como novos cofrades.

A inauguración da festa terá lugar o venres 29 ás 20:00h no recinto da muralla pero as actividades comezarán esa mesma semana coas catas comentadas nas que as diferentes adegas participantes ofrecerán degustacións dos seus viños de maneira gratuita, e que serán dende o 25 ata o 29 de agosto na Casa do Viño.

Este ano ademais volve o Túnel do Viño o venres 29 e sábado 30 en horario de mañá e tarde onde o público poderá degustar tódolos viños da subzona do Condado do Tea cun prezo de só 15 euros.

As inscricións tanto para as catas como o túnel deberán realizarse a través do teléfono 617 148 866 ou ben no correo [email protected].

Está pasando!