Presentación da III Feira de Animais de Compañía | Concello de Pontevedra

A III Feira de Animais de Compañía celebrarase os días 24, 25 e 26 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra

21 Outubro 2025

Con entrada de balde para todos os públicos, a nova edición contará con case tres decenas de stands e permitirá a entrada de mascota


O Concello de Pontevedra, a través da área de Promoción Económica, presentou esta mañá a terceira edición da Feira de Animais de Compañía que se celebrará no Pazo da Cultura os días 24, 25 e 26 de outubro.

A edil de Promoción Económica, Anabel Gulías, salientou que se trata dun evento que pon de manifesto a “vontade de Pontevedra de recoñecer, por un lado, a importancia dos animais e do seu benestar, e por outro, como a Boa Vila aglutina cada vez máis eventos a nivel galego como é o caso desta feira e que ademais se repiten e consolidan na cidade”.

Na presentación estiveron tamén o Secretario Xeral de Emprego, Pablo Fernández, e representantes das protetoras de Pontevedra e Poio (Galicia Adopciones, Ohana Animal e a Canceira de Poio).

A programación desta fin de semana inclúe exhibicións, concursos, expositores e información e venda de artigos, así como faladoiros e zona de xogos para crianzas. A apertura da feira será este venres ás 18.00 e pechará ás 20.30 horas. O sábado e o domingo, o salón abrirá en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30 horas.

Un dos puntos centrais será a participación das protectoras. Poderanse visitar os stands das mesmas, tanto do concello de Pontevedra como do concello de Poio, co obxectivo de recoñecero seu traballo e coñecer as diferentes formas nas que se pode colaborar.

No eido das actividades, a feira sumará “un puntiño máis” coa inclusión de competicións deportivas de agility, e incluso un concurso tipo ‘Got Talent’.

Está pasando!