A Libraría Miranda de Bueu organiza a presentación do libro ‘Las cosas que nos pasan’, de Guada Guerra

24 Marzo 2025

A Libraría Miranda organiza o mércores 26 de marzo a presentación do libro ‘Las cosas que nos pasan’, de Guada Guerra.

O acto terá lugar ás 19.30 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar de Bueu e nel estará presente a propia autora e Sara Valcárcel, responsable de comunicación da editorial Galaxia.



Sofía, Irene, Julia, Belen e Claudia son un grupo de amigas na trintena que viven nunha negociación constante coas súas vidas.

Cando se reunen nunha festa de aniversario de Sofía, o evento que sempre marcou a fin dos seus veráns, unha serie de circunstancias obrígaas a enfrontar as decisións que tomaron ata agora e a encarar a incerteza do seu futuro.

Está pasando!