A Pedreira – Basal, presentación especial Letras Galegas 2025

A Pedreira achega a Redondela ‘Basal’ cun concerto gratuíto na Alameda Castelao

21 Maio 2025

Neste mes das Letras Galegas o Concello de Redondela ofrece un concerto moi especial de Ugía Pedreira que contará coa participación das asociacións Lenda e Andaina. Será na Alameda Castelao este venres, día 23, ás 19.00 horas con entrada de balde.

A Pedreira, referente da música galega desde os 90, presentará o seu último traballo. ‘Basal’ é un crisol de todos os ingredientes da música popular galega, unha fusión de estilos que mistura as composicións con temas filosóficos, persoais, sociais…

Este espectáculo é unha viaxe continental entre o “rave” e a foliada, o jazz club e a música disco dos 80, a danza tribal e os rituais espirituais. Cuba, Brasil e Galicia abrázanse neste concerto que combina rock, jazz, MPB e música clásica, levando todas as cancións a novos horizontes. Basal está nominado ao Premio da Academia de Música de España como mellor disco folk.

Nesta proposta mestiza A Pedreira estará acompañada por Lorena Cachito (batería e coros), Alejandro Vargas (sintetizadores e teclados) e Mauricio Caruso (guitarra eléctrica).

Está pasando!