A pintora catalana Vicky Jordana exporá a súa obra naïf en Sanxenxo

11 Setembro 2025

A mostra estará en Sanxenxo desde o 29 de setembro ata o 6 de outubro en horario de mañá e tarde


A artista barcelonesa Vicky Jordana exporá en Sanxenxo a súa obra naïf, do 29 de setembro ao 6 de outubro. Cun estilo único e persoal, a súa pintura destaca polos seus vivos e brillantes cores e polo relevo que teñen moitos dos seus personaxes.

Tras expoñer xa en Barcelona e en varios países como Francia, Polonia ou Eslovaquia, Jordana mostrará na Sala Nauta a súa última colección formada por 50 cadros, algúns deles realizados sobre taboleiros de madeira.

“En Sanxenxo expoñerei os meus últimos cadros, algúns deles realizados sobre táboas que había nunha palleira que restauramos en Ourense que herdou o meu marido”, explica.

O seu amor pola pintura remóntase a corenta anos atrás de forma totalmente autodidacta. “Na miña casa sempre se fixeron moitas manualidades e tiñamos moito material, así que eu empecei a pintar”, apunta.

A Sanxenxo traerá unha pequena mostra das súas máis de 2.000 obras realizadas con pintura acrílica. “Os meus cadros son alegres con moito colorido e onde os animais teñen sempre un papel destacado. Por exemplo, eles teñen sempre cara riseira, os humanos os debuxo sen rostro, pero non sei o motivo”, explica.

A súa mostra poderá visitarse na Sala Nauta, de martes a sábado, en horario de 9:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Está pasando!