Presentación de ‘A Noite dos Calacús’ | Concello de Pontevedra

A programación de ‘A Noite dos Calacús’ botará a andar o domingo 26 e rematará o venres 31 de outubro, con numerosas actividades para todos os públicos

23 Outubro 2025

O edil de Cultura e Festas de Pontevedra, Demetrio Gómez presentou a programación para ‘A Noite dos Calacús’ que botará a andar o domingo 26 e rematará o venres 31 de outubro.

Fíxoo acompañado dunha ampla representación das empresas e entidades implicadas na ambientación do Mercado, a programación, das panadarías que un ano máis elaborarán Pan da Ánimas e, como non, das ánimas do purgatorio “coas que tivemos unha longa e dura negociación para que viñeran hoxe á rolda e tamén o día 31 para participar na procesión das ánimas. Negociamos que van a andar por aquí ese día, dar sustos, pero non nos van levar con elas.

Presentación de ‘A Noite dos Calacús’ | Concello de Pontevedra

Tamén, como non son moitas, van estar acompañadas na procesión por membros da Aula Municipal de Teatro e desde aquí convidamos a vecinos e veciñas de Pontevedra a sumarse, ataviados con sabas, camisóns, roupas brancas ou disfraces de pantasma.

Faremos un percorrido do Mercado á Ferraría, pasando polas rúas Serra, praza García de la Riega, Fonte dos Tornos, Curros Enríquez, Soportáis, etc. Imos reducir a iluminación das rúas polas que discorrerá a procesión, que tamén negociamos coas ánimas que non lles gusta nadiña a luz e ambientar os espazos”

O edil avanzou que dexeito previo ao día 31, “teremos actividades previas como este domingo 26 con visitas guiadas ao Cemiterio de San Amaro, da man de Polo Correo do Vento, baixo o título ‘A Pontevedra do alén’, con pase infantil e familiar ás 12.00 horas e público adulto ás 18.00 horas.

Entre os días 29 e 31 na panadarías Acuña, Amásame Bakery Lab, Xeve, A Devesa e Solla, vaise poder disfrutar do pan de ánimas do xeito máis traicional da nosa comarca: en cada casa ao seu xeito. Eu recomendaría probalos todos.

E logo xa o venres 31 temos a festa máis grande a partir das 17.00 horas no Mercado con obradoiros para nenos e nenas. Recomendo consultar ben o programa polas idades, as inscricións.

Haberá contos de medo e arrepíos da man de V de minúsula e obradoiros de colares de zonchos, de cociña, maquillaxe, elaboración de disfraces de ánimas e pantasmas, tallado de calacús, etc. para prepararnos para a procesión das ánimas que bota a andar as 20.30 horas polo Centro Histórico, coa participación da Aula Municipal de Teatro de Pontevedra e música a cargo de Adarve.

O Concello convida a cidadanía a participar caracterizada no pasarrúas e lembra que a temática deste ano son os lumes, o medo que provocan e a importancia dos bosques para a Santa Compaña, os enterramentos, etc.

A partir das 22.00h a animación continúa da man de diversos locais de hostalaría da cidade que elaborarán menús e tapas, no caso do Pintxo Viño e a Taberna Saudade ou cócteles Calacú en A Gramola, O Carallo 29, El Toro, Ochentero e La Pomada.

Consultar para coñecer todos os establecementos participantes e as propostas gastronómicas dispoñibles.

Está pasando!