‘Guerra’ | Teatro do Noroeste

A Rede Galega de Teatros e Auditorios trae a Vilagarcía un drama de máxima actualidade titulado ‘Guerra’

16 Marzo 2026

A segunda proposta do ciclo da Rede Galega de Teatros e Auditorios é a que presenta Teatro do Noroeste, un drama de máxima actualidade escrito e dirixido por Eduardo Alonso e titulado ‘Guerra’.

Porase en escena no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa o sábado 21 de marzo, ás 20:00 horas, e está dirixido a espectadores adultos.

Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices.

As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.

Como todas as actuacións organizadas a través da colaboración entre o Concello de Vilagarcía e a Agadic, as localidades teñen un prezo reducido de 5 euros. Ademais, hai entradas bonificadas a 3 euros para titulares do Carné Xove e persoas desempregadas.

Os billetes xa se poden adquirir a través de Ataquilla.com (máis gastos de xestión) e, de non esgotarse antes, o mesmo día das funcións, no Auditorio.

Está pasando!