Abertas as inscricións para o concurso de Cosplay da Lérez Up 2025, que se celebrará en setembro no Recinto Feiral de Pontevedra

1 Agosto 2025

A Lérez Up, o salón do videxogo e a cultura friki de Pontevedra, abriu xa as inscricións para unha das súas actividades máis esperadas: o Concurso de cosplay, que se celebrará o sábado 13 de setembro ás 17:00h no salón de actos do Recinto Feiral.

A competición celebrarase sobre un escenario ante máis de 300 persoas e se valorarán tanto o deseño e acabado dos traxes como a interpretación da personaxe.

Lérez Up segue apostando polo cosplay como unha das súas señas de identidad: unha disciplina que combina creatividade, artesanía, fandom e comunidade, e que cada ano gaña máis espacio dentro do evento.

O certame contará con distintas categorías, premios económicos e a participación dun xurado de excepción, formado por tres referentes da escena cosplay nacional: Skullcaramel, Puchiluh e Antifta.

Os premios inclúen un primer posto individual ou grupal dotado con 200 euros, un segundo premio de 100 euros e tres mencións especiais:

– Ao mellor prop, patrocinado por Dixital Marketers (60 euros)

– Á mellor confección (50 euros)

– Ao mellor cosplay infantil (merchandising e diploma)

As inscripcións son gratuitas e xa poden realizarse a través da web oficial do evento, no apartado de cosplay. O concurso está aberto tanto a cosplayers veteranos como a persoas que se estrenan no mundo do disfraz e a caracterización.

Toda a información está dispoñible en gamingtroop.es/lerezup e nas redes sociais do evento.

Está pasando!