Amigos de la Ópera de Vigo presenta o 6º ciclo de “Cine & Opera”

5 Abril 2021

Amigos de la Ópera de Vigo presenta o 6º ciclo de “Cine & Opera” previsto para todos martes deste mes de abril no Auditorio do Concello. Este ano, como excepción e debido á situación sanitaria actual, anticípase a hora de comezo ás 19,00 horas debido ao actual toque de queda establecido ás 22,00 h.

As películas que se proxectarán, como sempre en versión orixinal subtitulada, son:

Martes 6. “Amor Inmortal” (Inmortal Beloved. 1994). Gary Oldman, Isabella Rosellini, Joren Krabbe. Director: Bernard Rose. Ano 1827. Unha fervorosa multitude enche as rúas de Viena para render a súa última homenaxe a un xenio: Ludwig Van Beethoven. No seu testamento o músico decidiu legar todo o que posuía a unha muller descoñecida, o seu amor inmortal. Ninguén sabe quen é. A única pista para descubrir a súa identidade é unha carta.

Martes 13. “O Bico de Medianoite” (That Midnight Kiss. 1949). Mario Lanza, Ethel Barrymore, Kathryn Grayson. Director: Norman Tuarog. Prudence regresa a Filadelfia para participar na Compañía de Ópera que a súa avoa patrocina baixo a dirección de José Iturbi. Contratan ao famoso tenor Betelli, pero Prudence non sente cómoda con el no escenario. Cando coñece a Johnny Donnetti, un condutor de camións, convence a José Iturbi para darlle unha oportunidade a Johnny.

Martes 20. “Bel Canto” (Bel Canto. 2018). Julianne Moore, Ken Watanabe, Christopher Lambert, Sebastian Koch. Director: Paul Weitz. Unha cantante de ópera mundialmente coñecida é secuestrada como refén, xunto a outras persoas, cando un rico empresario xaponés convídaa a actuar para el en Sudamérica.

Martes 27. “Match Point” (Match Point. 2005). Scarlett Johansson, Jonathan Rhys- Meyers, Emily Mortimer. Director: Woody Allen. Chris Wilton (Jonathan Rhys Meyers) é un ambicioso e novo profesor de tenis con escasos recursos económicos. Grazas á súa amizade con Tom Hewett ( Mattew Goode), consegue entrar na alta sociedade londiniense e namorar á súa irmá Chloe (Emily Mortimer). Tom, pola súa banda, sae con Nola Rice ( Johansson), unha atractiva americana, da que Chris se encapricha nada máis vela. O azar, a paixón e, sobre todo, a ambición levará a Chris a cometer accións que determinarán a súa vida e a dos demais para sempre.

Entrada de balde. Na actualidade, o aforo no auditorio do Concello de Vigo, está fixada en 79 espectadores máis 2 de mobilidade reducida. No caso de que se vaia ampliando por mellora das restricións sanitarias, iremos informando.


Está pasando!