Ángel Stanich regresa a Pontevedra para presentar o seu novo disco ‘Por la hierba’

20 Marzo 2026

Ángel Stanich volve ao Teatro Principal de Pontevedra o sábado 21 de novembro, ás 21:00 horas, enmarcado na programación do ciclo Karma.

O ermitán do pop presentará ‘Por la hierba’, o seu cuarto álbum, apoiado pola súa banda e un repertorio único, perfeccionado ao longo de dez anos de actuacións catárticas en directo. Vinde… Percorrede o accidentado camiño do seu álbum máis introspectivo e completo, xa previsto como un dos mellores do ano.

Ángel Stanich Band chega con ‘Por la hierba’, un LP que finalmente renomea unha xira que, ata o seu lanzamento o 23 de xaneiro, tivo máis datas que certezas… Case cinco anos despois de ‘Polvo de Battiato’, o seu célebre traballo anterior inspirado no xenio de Catania, o cántabro regresa con outro álbum que xa cheira e soa a un disco clave na súa carreira, cun Stanich a sangue frío buscándose a si mesmo por atallos salvaxes, quizais cara a algún lugar ao que chamar fogar. Un álbum que abruma pola súa honestidade, concepto e excepcional artesanía musical.

Se ‘Por la hierba’ xa foi aclamado como un dos álbums do ano, a banda deste cantautor lisérxico precisa poucas presentacións. Os seus directos sempre foron o seu maior punto forte, capaces de converter ata aos máis escépticos no seu credo surrealista.

Unha banda leal e veterana, volven á estrada para, precisamente, baixar dela… Esa é a metáfora. Tanto se a túa alma é máis coma se é menos caprichosa, non te pierdas a cita coa Stanich Band e desfai os teus demos co repertorio dun dos mellores compositores en lingua española do noso tempo.

Entradas anticipadas á venda dende 24 euros en Ataquilla.com

Ademais de Ángel Stanich, o ciclo Karma, impulsado pola promotora Jack-Jack, en colaboración co Concello de Pontevedra, inclue os concertos de Karmento, o 15 de maio, e de Javier Lago xunto a Carla Lourdes, o día 30 do mesmo mes.

Está pasando!