Arrinca o Abraioscopio, o festival máxico da cidade de Pontevedra

11 Setembro 2025

O festival Abraioscopio, antigo Pontevedra Máxica Fest, regresa á Boa Vila para deleitarnos cun espectáculo máxico totalmente diferente a calquera outro celebrado na cidade ata agora.

Do 11 ao 14 de setembro, referentes do panorama nacional e internacional reúnense nunha cita para todos os amantes da maxia, da música e do circo en distintos locais de lecer da cidade, ademais de visitar institucións como a Residencia Pública, o Hospital Provincial ou o centro de día Amencer.

Coas Rutas Gastromáxicas, moitos locales de hostalaría de Pontevedra converteranse nos mellores escenarios de ilusionismo para que os participantes aproveiten unha experiencia máxica que vén con cada bocado.

Álex Louzao, Mago Noel, Mario López, Celia Muñoz, Xulio Merino Ton Risco serán os protagonistas da Gran Gala de Maxia que o domingo 14 de setembro acollerá o Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Probablemente… o evento máxico que lembrarás o resto da túa vida.

O programa do Abraioscopio 2025 é o seguinte:

XOVES 11 DE SETEMBRO

Maxia social

  • 10.30 a 11.30 h. Residencia pública
  • 12.30 a 13.30 h. Centro de día Amencer-Aspace

VENRES 12 DE SETEMBRO

Maxia social

  • 11.00 a 12.00 h. Hospital
  • 12.30 a 13.30 h. Centro de día Amencer-Aspace

Ruta gastromáxica

  • 17.00 h. Yago Barral. La Piada
  • 17.30 h. Apolo Jr. El Patio
  • 19.00 h. Álex de las Heras. Botica
  • 19.00 h. Sena. Rumore
  • 21.00 h. Yago Barral. Gumer
  • 21.00 h. Álex de las Heras. Tábula Rasa
  • 21.30 h. Sena. Bar Estrella
  • 21.30 h. Sara. Poke Umami
  • 21.30 h. Apolo Jr. Zentola
  • 00.00 h. Apolo Jr. La Gramola
  • 00.00 h. Yago Barral. Cervecería Bruc
  • 00.00 h. Sara. La tienda de Clara
  • 00.30 h. Álex de las Heras. Sala Zennet

SÁBADO 13 DE SETEMBRO

Obradoiros

  • 10.00 a 11.50 h. Obradoiro de Maxia I
  • 12.00 a 13.50 h. Obradoiro de Maxia II

Maxia e contos

  • 12.00 a 13.00 h. ‘O segredo de de Andersen’, de Xulio Merino

Ruta Gastromáxica

  • 14.00 h. Yago Barral. Icewolf
  • 14.00 h. Sena. Mar de fora
  • 14.00 h. Álex de las Heras. Kamelia
  • 14.00 h. Sara. Hangar 218
  • 14.00 h. Apolo Jr. Sidrería Montañés

Gran Gala

  • 19.30 a 20.45 h. Álex Louzao, Mago Noel, Mario López, Celia Muñoz, Xulio Merino e Ton Risco serán os protagonistas da Gran Gala de Maxia no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

DOMINGO 14 DE SETEMBRO

Talleres

  • 11.00 a 11.50 h. Obradoiro Harry Potter I
  • 12.00 a 12.50 h. Obradoiro Harry Potter II

Show familiar

  • 13.00 a 14.00 h. ‘Lolamentado’, de Lola Mento
Está pasando!