Cine na rúa en Vilagarcía coa proxección de “Dolor y gloria” na praza da II República

24 Agosto 2020

Cine na rúa o xoves 27 de agosto ás 22:00 h. na praza da II República de Vilagarcía de Arousa coa proxección de “Dolor y gloria”, película de Pedro Almodóvar protagonizada por Antonio Banderas, Asier Etxeandia, Penélope Cruz, Leonardo Sbaraglia, Julieta Serrano, Nora Navas, Asier Flores, César Vicente, Raúl Arévalo, Neus Alborch, Cecilia Roth, Pedro Casablanc, Susi Sánchez, Eva Martín, Julián López, Rosalía, Francisca Horcajo.

Ano: 2019

Xénero: Drama

Sinopse
Narra unha serie de reencontros na vida de Salvador Mallo, un director de cine no seu ocaso. Algúns deles físicos, e outros recordados, como a súa infancia nos anos 60, cando emigrou cos seus pais a Paterna, un pobo de Valencia, en busca de prosperidade, así como o primeiro desexo, o seu primeiro amor adulto xa no Madrid dos 80, a dor da ruptura deste amor cando aínda estaba vivo e palpitante, a escritura como única terapia para esquecer o inesquecible, o temperá descubrimento do cine, e o baleiro, no inconmensurable baleiro ante a imposibilidade de seguir rodando. “Dolor y Gloria” fala da creación, da dificultade de separala da propia vida e das paixóns que lle dan sentido e esperanza. Na recuperación do seu pasado, Salvador atopa a necesidade urxente de volver a escribir.

+info. en vilagarcia.es

Está pasando!