‘Croquetas’ | Agrupación Teatral Mariñán

‘Croquetas’ e ‘Ai Avoa!’ abren o Festival de Teatro Amador na Sala Ártika

5 Setembro 2025

A programación teatral volve á Sala Ártika co Circuíto de Teatro Amador FEGATEA, organizado pola compañía Fauna 113 e coa presenza das compañías Agrupación Teatral Mariñán e Desfeita Teatro.

O sábado 6 de setembro ás 20:00h a Agrupación Teatral Mariñán porá en ecena ‘Croquetas’, unha comedia absurda que se mergulla no desastre escénico máis hilarante: un guión horrible, un director nefasto e un elenco completamente inepto.

O resultado? Risas aseguradas… ou non. Un espectáculo que parodia o mundo do teatro desde dentro, con humor irreverente, ritmo frenético e una boa dose de autoescarnio. Finalista en varios certames, esta peza fai das croquetas unha metáfora do caos teatral mais delicioso.

Que acontece cando se xunta un guión pésimo, un director desastroso e un grupo de actores sen ningunha aptitude artística? O resultado é ‘Croquetas’, unha comedia absurda onde todo está destinado a saír mal… e iso é precisamente o divertido.

A obra convida ao público a entrar no caótico proceso de ensaio e representación dunha función teatral condenada ao fracaso, convertendo o desastre escénico nun xogo de humor, confusións e personaxes pasados de rosca.

Un espectáculo que ironiza sobre o propio teatro cunha boa dose de parodia e autoescarnio, onde cada erro é unha oportunidade para rir a gargalladas. Ideal para quen goza das comedias que non teñen medo ao ridículo.

O domingo 7 de setembro ás 20:00h, será a quenda de ‘Ai Avoa!’, unha comedia crítica da compañía Desfeita Teatro que retrata, con humor ácido, a decadencia dunha familia obreira devorada pola avaricia da súa avoa.

A través dunha sátira sobre o egoísmo, a indolencia e a perda de valores, a obra ofrece unha reflexión mordaz sobre as miserias humanas e a falta de solidariedade na sociedade actual.

Esta é a historia dunha familia de clase traballadora sumida na decadencia económica e moral debido á crecente voracidade da avoa. A obra é unha crítica social á indolencia, o egoísmo e a falta de solidariedade, empregando o humor para expoñer a miseria humana e a perda de valores.

Está pasando!