‘As Josefas’ | Lalá Teatro

Da man de Lalá Teatro, ‘As Josefas’ chegarán o vindeiro mércores, 28 de maio, á Biblioteca Municipal de Ponteareas

22 Maio 2025

Lalá Teatro actuará o vindeiro mércores, 28 de maio, na Biblioteca Municipal de Ponteareas, co seu espectáculo infantil e familiar ‘As Josefas’.

Preparados para concursar no “Galicia, cada día máis linda máis linda”? Dúas irmáns queren demostrar que o galego está máis vivo que nunca e veñen ver canto coñeces ti da nosa terra.

A música será o principal neste espectáculo que xunto con lendas e contos farannos cantar e bailar, pero sobre todo aprender de Galicia.

Sabes cantigas galegas? Ven concursar e coñecerás moitas cousas da nosa terra.

Este evento forma parte do programa cultural ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia.

Para participar hai que inscribirse no correo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.gal ou no teléfono 986 660 765.

Está pasando!