Dous días de música ao vivo no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra, que poderás seguir desde a túa casa

26 Novembro 2020

Na Culturgal 2020, a Escena é ben variada pensando en música para toda a familia desde o espírito punk até o ritmo da big band pasando polo jazz e os nomes máis coñecidos do folk, sen esquecer á cativada!

Dous días de música ao vivo, sábado 28 e domingo 29 de novembro, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra que chegan a túa casa moi ben empaquetados cun son e realización que te van enganchar. A actriz Diana Sieira encargarase de ir presentándocho.

En caso de emerxencia, música

Unha programación ao vivo que podes seguir na túa casa a través de cultur.gal, e se eres de Pontevedra e queres estar fisicamente con butaca nos espazos, tes todos os convites en culturgal.com/entradas


SABADO 28 DE NOVEMBRO

12:30 h > Big Band

Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra en concerto. Concello de Pontevedra.


16:30 h > The Rebel Spirits
  • Estudo Bonobo. A banda punk-rock xuvenil dá idea da forza da canteira musical na contorna de Pontevedra saída da escola musical do Estudo Bonobo. The Rebel Spirits son Andrea, guitarra, Raisha, baixo, Andrea, guitarra e Soraya, batería.

18:30 h > Desconfinarnos con Susana Seivane e Cas Berlai
  • Susana Seivaine: Concertos do desconfinamento. Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Susana Seivane comezou a tocar a gaita no balcón da súa casa durante o confinamento para animar os seus veciños. Gravaba estas actuacións cada día para retransmitilas nas súas redes sociais, ás que se conectaban milleiros de persoas desde distintos puntos do  planeta.
  • Cas Berlai. Seispés Producións Creativas. Este disco nace no confinamento vivido na casa de Xiao Somoza (Xiao Berlai) . A beleza está nas flores que nacen do cimento, como di a letra da primeira canción de Cas Berlai titulada Na cosa. Con Xiao Somoza Rodríguez, guitarra e voz, Bruno Couceiro, batería, Pablo Sanmamed, contrabaixo, e lago Mourinho, piano.

20:30 h > Luar na Lubre en concerto

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Desde 1986 enriba dos escenario, Luar na Lubre traen a Culturgal o seu último traballo Vieiras e vieiros, historias de peregrinos, un álbum que visualiza a pegada artística, cultural e natural do Camiño de Santiago a través das historias dos seus camiñantes. Luar na Lubre son Bieito Romero, gaitas, acordeón e zanfoña Patxi Bermúdez, bodhran, tambor e djimbek, Nuria Naya,  violín, Pedro Valero, guitarra acústica, Xavier Ferreiro, percusións latinas e efectos, Xan Cerqueiro, frautas, lrma Macías, voz, e Brais Maceiras, acordeón.


DOMINGO 29 DE NOVEMBRO

12:00 h > Sonárbore para toda a familia
  • Ramona Órbita. A dona do tempo. Pakolas. Colección Sonárbore Editorial Galaxia. A xira do segundo libro disco de Pakolas (Paco Cerdeira) en solitario chega a Culturgal con Ramona Órbita e a súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprender a protexer a natureza. Especialmente dirixido a rapazada entre 3 e 5 anos.
  • Lingua guapa. Cantos que contan. Fina Casalderrey. Colección Sonárbore Editorial Galaxia. Unha das autoras máis recoñecidas da nosa literatura, fálanos dunha lingua moi longa con quilómetros  de historia e que leva palabras de azucre que aturuxan na memoria. A música que nos fai viaxar polo mundo é de Nestor Blanco.

16:00 h > A Central Folque presenta…
  • Abellón. Xoán Xil e Mauro Sanín farán unha breve actuación performática con zoadeiras e bramadeiras.
  • O feitizo de Maruja Roca. Con Eutropio Rodríguez comentando imaxes e Nieves Neira que fará unha performance literaria.
  • Bem vennas maio. Cos músicos Pablo Sanmamed (contrabaixo), lago Mourinho (piano) e Chus Pazos (bateria) e a colaboración de Alba Cid recitando un texto.
  • Fuliada na vila con Richi Casás, saxo e voz, e Fran Ga Galán, guitarra eléctrica. Composicións orixinais de Richi Casás e outros arranxos do autor sobre as melodías recollidas por Dorothé Schubarth na Vila da lgrexa en 1980: xotas, muiñeiras, cantos de Nadal…

18:00 h > Escalas singulares: Yago Vázquez Trío e DE BOTÓNS
  • Yago Vázquez Trío. O jazz chega ao escenario musical de Culturgal da man de Yago Vazquez, piano, Xurxo Estevez, baixo, e Chus Pazos, batería. O pianista vigués participou xa en máis dunha ducia de discos e compartiu escenario con músicos como Reggie Workman, Billy Harper, Joe Martin, David Schnitter, Jesse Davis, Gilad Hekselman, lngrid Jensen ou Brad Shepik.
  • DE BOTÓNS. Mialma Producións. Pedro Pascual e Carlos Quintá propoñen un concerto no que interpretan pezas recollidas e arranxadas dentro do cancioneiro DE BOTÓNS, un proxecto editorial ambicioso no que adaptan máis de cen cancións do repertorio popular galego para o acordeón diatónico. Así, escoitaremos en clave actual, desde maneos de Bergantiños a rumbas do Caurel;  desde pezas do repertorio de violino de Florencio dos Vilares, a mazurcas dos lrmáns Moreira ou o xenuino repertorio histórico dos Dezas de Moneixas.

20:00 h > Os d’Abaixo

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Os d’Abaixo fan 10 anos e ofrecen ao vivo un percorrido polas súas músicas máis destacadas.  Apareceron no ano 2010 co obxectivo de promover e animar bailes e festas tradicionais na contorna  de Compostela. O seu repertorio recolle algunhas das pezas populares máis coñecidas da música galega xunto con novas achegas de fontes tradicionais ou de nova composición.

Está pasando!