This is a repeating event

Fiestas de San Roque 2026 en Vilagarcía

ven14agoConsultarFiestas de San Roque 2026 en VilagarcíaHai Can. Hai Festa!(Consultar: venres) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Vilagarcía celebra en 2026 una edición muy especial de las Fiestas de San Roque, ya que se cumplen 20 años de la declaración de Interés Turístico Nacional.

El programa se celebrará entre el 14 y el 23 de agosto, con 81 actividades gratuitas para todos los públicos (de las que 30 serán musicales) y un amplio operativo organizativo, de tráfico y seguridad.

El programa completo de las fiestas de San Roque 2026 está disponible en la web municipal vilagarcia.gal y se puede acceder a él a través del QR que figura en la cartelería de calle.

VENRES 14 AGOSTO

  • 20:30 – Balcón da Casa Consistorial. Pregón a cargo de Xabier Fortes. O xornalista pontevedrés conduce o programa “La noche en 24 h”, pero tamén é ben coñecido por moderar os debates electorais. O pregón será traducido simultaneamente á lingua de signos.
  • 21:00 – Praza de España. Ofrenda floral ao Santo. Agrupacións sociais, culturais e musicais participarán nun desfile que culminará diante da igrexa parroquial, onde farán a súa dádiva ao patrón. O percorrido iníciase no Concello e continúa polo xardín de Ravella, rúa Ramón y Cajal, praza de Galicia, rúa Castelao, rúa Xeneral Pardiñas, rúa Covadonga e finaliza na praza de España.
  • 21:00 – Parque da Xunqueira. A Xaiba. Esta formación vilagarciá transmite amor á música polos catro costados tanto nas versións doutros como en composicións propias: cantos de taberna, música tradicional galega, habaneras, fados, cumbias…
  • 22:30 – Parque da Xunqueira. Savoy Club Big Band. Antoloxía do Bolero. Este espectáculo é unha homenaxe a un dos xéneros máis románticos e universais da música popular latinoamericana: o bolero. Unha invitación a redescubrir a súa maxia nun formato escénico elegante e vibrante, unha viaxe sonora e emocional dende as súas orixes ata as súas fusións con outros xéneros.
  • 23:00 – Alameda. Haus. Os djs Little Pi & Kaiser Xosé e La Vepe propoñen unha intervención musical deseñada para dinamizar a noite e conectar co público a todo ritmo. O formato analóxico do vinilo será o protagonista, tanto no set de apertura, como na sesión principal e no peche da velada.

SÁBADO 15 AGOSTO

  • [11:00-12:30] Contorno da capela de San Roque. Festividade de San Roquiño O Pequeno.
  • 11:00 – Barrio de San Roque. Pasarrúas San Roquiño o Pequeno. Grupo de Gaitas Nós de Sobradrelo.
  • 12:00 – Barrio de San Roque. Misa de San Roquiño. Cantada pola Coral Cortegada. A continuación. Procesión de San Roquiño, acompañada da Banda de Música de Vilagarcía e do grupo de gaitas Nós de Sobradelo. Ao final haberá viño e empanada por xentileza de Hiper Froiz.
  • 12:00 – Rúa Castelao. Cabaret Acuático. Casetas de baño, raias mariñeiras, toallas, gorros e traxes de baño vintage, aspersores, balóns de praia e canotieres configuran a evocadora estética modernista desta proposta divertida e refrescante. Compañía: Nelson Quinteiro. Tipo de espectáculo: Teatro de rúa. Duración: 90 min. Público: Todas as idades. Cultura no Camiño 2026.
  • 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Malveiras.
  • 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Canteiras Bulideiras de Fontecarmoa.
  • 23:00 – Rúas da cidade. Festicultores Troupe. Humor e baile, música e tolemia espállanse polas nosas rúas e prazas acompañadas polo seu inigualable artefacto sonoro de tecnoloxía punta alieníxena galaica e o seu “tunning chimpín”. Diversión e rebuldaina para perder a cordura! Cultura no Camiño 2026.

DOMINGO 16 AGOSTO

  • 11:45 – Praza de España. Traslado de San Roque. O Santo sae dende a igrexa parroquial, na praza de España, escoltado polo equipo de rugbi da cidade, co acompañamento da Banda de Música de Vilagarcía, cara á capela de San Roque.
  • 12:00 – Zona húmida. Festa da Auga. Logo do pregón, dende un guindastre e cun caldeiro na man, comeza a multitudinaria Festa da Auga. Importante: Se tes calquera accidente leve, acude ao Punto de Atención de Primeiros Auxilios que o Concello pon á túa disposición na praza da Peixería de 9:00 a 16:00 horas.
  • 20:30 – Rúas da cidade. Procesión de San Roque. O Santo sae da capela de San Roque e, a través da rúa San Roque, a praza da Independencia, as rúas Padre Feijoo e Edelmiro Trillo retorna á igrexa parroquial, na praza de España
  • 22:00 – Alameda. Concerto: Abril Fado Atlántico. Proxecto nado en 2007 con carácter aberto, onde teñen cabida o tango ou o choriño brasileiro e tamén, como non, o fado puramente tradicional, sempre coa instrumentación típica desta música. Cultura no Camiño 2026. En colaboración coa Xunta de Galicia.

LUNS 17 AGOSTO

  • 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas e Baile Mar de Arousa.
  • 19:30 – Rúas da cidade e praza de Galicia. Animaclown. Acrocircus. Espectáculo cheo de reflexión, sensibilidade, risa, fantasía e amor. Esta comedia satírica recrea a vida dun vello acróbata e narra a historia do teatro e o circo a través dos séculos. Compañía: Fundación Tchyminigagua. Tipo de espectáculo: Circo e acrobacias. Duración: 55 min. Público: Todas as idades
  • 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Froallo.
  • 22:30 – Avda. da Mariña. Verbena popular. Orquestra New York.

MARTES 18 AGOSTO

  • 11:00 – Rúas da cidade. Festaclown Social – Animaclown. Iguatuke. Equipo de batucada que interpreta unha ampla variedade de estilos musicais afrobrasileiros, fusionando ritmos tradicionais cunha enerxía única. Compañía: Igual Arte, Con Eles e Fundación Tchyminigagua. Tipo de espectáculo: Pasarrúas musical. Duración: 60 min. Público: Todas as idades
  • 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Brisas do Río Ulla.
  • 12:30 – Praza de Ravella. Superroquiños. O autoestopista intergaláctico. Un espectáculo de ciencia ficción, de clown e transformismo, con continuas mudanzas de vestiario e personaxes cómicos dotados de poderes propios que desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, que teñen tamén un control total de obxectos malabares e que paralizan o público con monólogos esmendrellantes! Compañía: Aitor Garuz. Tipo de espectáculo: Clown. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 19:30 – Praza de Galicia. Certame Festaclow. Finito infinito. A circularidade non ten fin. Podemos saír dela? Podemos cortar coa monotonía e cambiar o rumbo das cousas? Que pasaría se, de súpeto, entrásemos nun mundo de fantasía onde deixáramos de lado o cotián para divertirnos como cando eramos nenas e nenos? Compañía: Trotamundos. Tipo de espectáculo: Circo. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Treboada de Guillán.
  • 21:00 – Praza da II República. Mostra Festaclow. Xelebreixon. Unha nova proposta con moito carácter, xenio e abraiantes números circenses que desafían a gravidade con acrobacias aéreas e de chan, fusionando circo, teatro, danza e humor absurdo. Compañía: Rojo Telón. Tipo de espectáculo: Circo, danza e humor absurdo. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 21:00 – Parque da Xunqueira. Concerto: The Eskarallas. Cunha traxectoria forxada a base de quilómetros, estrada e puro punk rock, a banda percorreu gran parte do país compartindo escenario e colaboracións con referentes como Evaristo Páramos (La Polla Records), Josetxu (Piperrak) e Manolo Kabezabolo.
  • 22:30 – Parque da Xunqueira. Concerto: Marky Ramone. Na primavera de 1978, Marky uniuse ao lendario grupo pioneiro de punk rock Ramones, cos que estivo á fronte da batería durante 15 anos e máis de 1700 concertos. Sen dar sinais de desacelerar, Marky continúa xirando por todo o mundo coa súa banda, ao tempo que exerce como DJ. Pura enerxía!

MÉRCORES 19 AGOSTO

  • 11:00 – Parque Miguel Hernández. Festaclow Social. Ecos do pasado. Un espectáculo familiar no que viaxaremos a través dos contos para descubrir os segredos do noso patrimonio. Monicreques e imaxinación nunha viaxe chea de fantasía e de retranca. Compañía: K’paparota Teatro. Tipo de espectáculo: Monicreques. Duración: 40 min. Público: De 3 a 8 anos.
  • 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Airiños do Carril.
  • 12:30 – Praza de Ravella. Superroquiños. Breaking broken dreams. Equipada cos seus aparellos e unha actitude estrafalaria, Maple, unha peculiar secretaria, está preparada para demostrar que non todo é o que parece. Unha gran manipulación do aro mesturada con improvisación e comedia física que logra que o seu público se sorprenda co nivel técnico circense e, ao mesmo tempo, que non poida conter a risa. Compañía: Maple Staplegun. Tipo de espectáculo: Circo e clown con hula-hoops. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 19:30 – Praza de Galicia. Certame Festaclown. Las Cossas Nostras. Mia Mine e Mr. Vita son gánsteres, vítimas da moda italiana e convídanvos a entrar no seu mundo absurdo e extravagante… Danvos a benvida á “familia”! Unha mestura de comedia física, teatro, clown e circo, cun dúo dinámico de gánsteres cun alto nivel técnico e un espectáculo onde todo é posible. Compañía: Las Cossas Nostras. Tipo de espectáculo: Clown e circo. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas SAnta Plácida de Rubiáns.
  • 21:00 – Praza da II República. Mostra Festaclown. Fins al Cel. Esta é unha historia de soños e transformacións, de medos que se volven impulso. Porque hai veces que só fai falta atopar outras persoas para descubrir de que somos capaces. “Fins al cel” é un salto compartido. Lixeiro e profundo. Humano e máxico. Unha invitación a superar os límites. Compañía: Spinish Circo | Tipo de espectáculo: Circo contemporáneo, barra rusa e acrobacias, Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 21:00 – Parque da Xunqueira. Concerto: MK Maik. O proxecto musical de Jesús Güimil Beiras nace dunha historia real de superación persoal, transformando as experiencias vividas en cancións que transmiten forza, esperanza e boa “vibra”.
  • 22:30 – Parque da Xunqueira. Concerto: De Ninghures. A aclamada banda, referente do folk galego actual, volve a Vilagarcía para amosar a súa evolución sonora, con máis experimentación na utilización dos instrumentos, sen perder a esencia e medrando en identidade.

XOVES 20 AGOSTO

  • 11:00 – Parque Miguel Hernández. Festaclow Social. Marítimas. Din que todo o que o mar quita, dalgún xeito, o mar todo o devolve… Desta volta, a marea trouxo un lote de historias de sereas que aturuxan, de raíñas co cu morado, atadoras rebeldes e mariscadoras que non calan. Todas elas son marítimas. Vinde aos contos coa subida, marchade coa baixada! Compañía: Vero Rilo. Tipo de espectáculo: Narración oral. Duración: 40 min. Público: de 3 a 8 anos.
  • 12:30 – Praza de Ravella. Superroquiños. Lidiar. Un espectáculo onde o circo se combina cunha parodia da cultura española. O seu público será a arena, os seus voluntarios os toureiros e el, o touro que remata triunfante! Este personaxe tolo e carismático e que se autoproclama “estúpido profesional”, parece que sae directamente dun cómic e entra na vida real, mais é el quen fai que o seu público se adentre nun mundo de debuxos onde todo pode pasar. Compañía: Mr. Vita. Tipo de espectáculo: Circo e malabares. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 19:30 – Praza de Galicia. Certame Festaclown. 5.0. Un espectáculo con equilibrios, acrobacias aéreas variadas, música ao vivo e un sen fin de habilidades dunha das acróbatas máis establecidas de Galicia. “5.0” fala de cambios, de premenopausa, de transformación, de envellecemento…, pero, sobre todo, fala de facelo con amor e con humor. Compañías: Sue Moreno. Tipo de espectáculo: Acrobacias. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 21:00 – Praza da II República. Mostra Festaclown. Sen patrón. Tres malabaristas compiten por levar a batuta nun mundo onde todo debería seguir unha orde perfecta. Pero cando ninguén quere ceder o control, os obxectos voan, os patróns rompen e o caos convértese nun xogo tan divertido como fascinante. Compañías: Pistacatro. Tipo de espectáculo: Circo con malabares. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Baile Perla de Arousa.
  • 22:30 – Parque da Xunqueira. Concerto: Barry B. Cun espectáculo magnético baseado na enerxía e na honestidade, a súa forte conexión emocional irradia unha sensación de felicidade que envolve ao público. Con banda completa e arranxos en vivo, reinterpreta o seu catálogo e vai gañando solidez como artista de directo. Unha experiencia intensa, cunha identidade rock reforzada pola súa posta en escena.

VENRES 21 AGOSTO

  • 11:00 – Praza de Galicia. Festaclow Social. BSO. Como xa vén sendo habitual, Festaclown volve colaborar coa asociación Con Eles e co taller de teatro Clámide. Un divertimento sobre o mundo do celuloide en rigoroso play-back. Luces, cámara, acción! Compañías: Con Eles e Clámide. Tipo de espectáculo: Teatro xestual. Duración: 25 min. Público: Todas as idades.
  • 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Os Xirifeiros.
  • 12:30 – Praza de Ravella. Superroquiños. Flash. Un encontro sen palabras, cheo de xestos e ilusións que mesturan o pasado cos pequenos milagres do presente. Un fotógrafo cun equipo doutro tempo que parece capturar non só imaxes, senón momentos máxicos.
  • 19:30 – Praza de Galicia. Certame Festaclown. Wasa. Espectáculo cheo de chanzas, conectado á tecnoloxía, á que talvez non hai que facerlle tanto caso, que nos amosa a través do clown, da maxia e de efectos de son as experiencias deste peculiar personaxe que tenta facer un mundo mellor. Compañía: Z Teatro. Tipo de espectáculo: Maxia e clown. Duración: 50 min | Público: Todas as idades
  • 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Lumarada de Cornazo.
  • 21:00 – Praza da II República. Mostra Festaclown. Check out. Con equívocos, xogos de clown e moita diversión, este mozo de hotel diferente descobre ao longo dunha imprevista xornada de traballo que non hai mellor futuro que vivir desfrutando o presente. Compañía: Adrián Conde. Tipo de espectáculo: Clown. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 22:30 – Parque da Xunqueira. Concerto: Chenoa. Cando Chenoa se sitúa baixo os focos, a vitalidade da súa natureza chea de forza e autenticidade converte o seu directo nun espectáculo total. Un inesquecible concerto de grande impacto cargado de enerxía e de música con alma, que fan desta aclamada artista unha das figuras máis sólidas do noso panorama musical.

SÁBADO 22 AGOSTO

  • 10:30-13:00 – Casa Consistorial / Salón García. XX Gran Capítulo da Confraría dos Viños de Rías Baixas.

    • 10:30 – Concentración de confrarías na Casa Consistorial.
    • 11:00 – Recepción do alcalde ás confrarías asistentes e desfile ata o Salón García, acompañados polo grupo de gaitas A Nosa Señora da Xunqueira.
    • 12:00 – Desenvolvemento do acto principal no Salón García.

  • 11:00 – Parque Miguel Hernández. Festaclow Social. Costureiriña bonita. Unha peza interxeracional coa que grandes e pequenas desfrutarán da música, dos monicreques e das lendas, a través dunha participación activa. Compañía: A Cova das Letras. Tipo de espectáculo: Maxia e monicreques. Duración: 40 min. Público: De 3 a 8 anos
  • 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas e Baile A Nosa Señora da Xunqueira.
  • 12:30 – Praza de Ravella. Superroquiños. Intríngulis. Malabares, improvisación co público, maxia e clown fusiónanse para crear unha experiencia única. Compañía: Adrián Conde. Tipo de espectáculo: Maxia e clown. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 19:30 – Praza de Galicia. Certame Festaclown. Miss Elastic. Un espectáculo de circo musical para toda a familia que inclúe malabares combinados, humor, maxia, contorsionismo, aros hula-hoops, tiro con arco e frecha cos pés, participación do público, lume, luminotecnia e burbullas. Compañía: Valeria Altmark. Tipo de espectáculo: Circo, maxia e acrobacias. Duración: 50 min. Público: Todas as idades.
  • 21:00 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas Mocedade da Torre 83.
  • 21:00 – Praza da II República. Mostra Festaclown. Collage. Acrobacias, equilibrios, saltos que desafían a gravidade, manipulación de obxectos e outras doses de enxeño e humor son os elementos deste espectáculo de trampolín cheo de diversión. Compañía: Bot Project. Tipo de espectáculo: Acrobacias e trampolín. Duración: 40 min. Público: Todas as idades.
  • 22:30 – Avda. da Mariña. Verbena popular. Grupo Assia.
  • 24:00 – Praias da Concha – Compostela. Combate naval. Espectáculo Pirotécnico. Un festival único en Galicia, con máis de 150 anos de historia. Rememora o asedio das tropas españolas ao Callao, no Perú, en 1866. Media hora de espectáculo con fogos acuáticos e aéreos para rematar co sempre celebrado combate entre os barcos e o castelo.

DOMINGO 23 AGOSTO

  • 12:30 – Rúas da cidade. Pasarrúas. Grupo de Gaitas A Queimada.
  • 21:30 – Rúas da cidade. Desfile de carrozas de verán. Música, folclore e animación de rúa acompañan o desfile que pecha as festas. O percorrido comeza na estación de autobuses pola rúa Moreira Casal, continúa pola avda. Xoán Carlos I, rúa Gumersindo Nartallo, praza da Independencia, rúa Edelmiro Trillo, para rematar na praza de España.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!