Abismo Caracol presenta 'Pulgarcita' en Vigo

dom19may12:30Abismo Caracol presenta 'Pulgarcita' en Vigo¡Descubre un mundo nuevo!12:30 Teatro-Cine Salesianos - Vigo

Detalles del Evento

Os máis pequenos cobran protagonismo nesta historia encantadora que nos fai reflexionar sobre a importancia das pequenas accións para preservar o noso mundo.

Da man da produtora Abismo Caracol, con Darío Autrán na dirección e Uxía Suevos e Nano Rivas no elenco, ‘Pulgarcita’ convida aos máis pequenos a reflexionar sobre o coidado do medioambiente a través das aventuras do mítico personaxe na súa versión máis actual.

Pensada para toda a familia e recomendada especialmente para nenos de entre 3 e 12 anos, a obra narra as aventuras de Pulgarcita tras abandonar a súa casa e o seu enfrontamento co Rey Trol, Bunga Lunga.



Esta versión actual do mítico personaxe é unha celebración do mundo feminino e do coidado do medio ambiente que trata os valores da amizade e a familia e a importancia da pura diversión con todo tipo de personaxes animados que farán as delicias de adultos e nenos.

Unha aventura que nos ensinará a importancia da amizade, a imaxinación e a loita contra a contaminación.

Dobre sesión, ás 12:30 e ás 17:00 horas, no Teatro Cine Salesianos de Vigo.

As entradas xa se poden adquirir por 12 euros en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Teatro-Cine Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo

Está pasando!