‘100 Viños e 100 Libros’ en Vilaboa

dom13xulConsultar‘100 Viños e 100 Libros’ en Vilaboao epicentro cultural de galicia(Consultar: domingo) Forno do Cal - Vilaboa

Detalles do Evento

Vilaboa convértese no epicentro enocultural de Galicia con ‘100 Viños e 100 Libros’, unha proposta enoliteraria singular que reunirá, por primeira vez, literatura galega, viños con denominación de orixe e un espazo patrimonial tan simbólico como o Forno do Cal. 

A cita terá lugar o domingo 13 de xullo e promete converter Vilaboa nun punto de encontro para amantes da lectura, do viño e da cultura galega.

Durante a xornada, o Forno do Cal acollerá unha trintena de autores e autoras de toda Galicia, xunto a unha ampla representación de viños procedentes das cinco denominacións de orixe galegas. Terá tamén unha notable presenza dos viños da IXPO Ribeiras do Morrazo, cun protagonismo especial dado o contexto local.

O espazo transformarase nun mercado ao aire libre, inspirado nos tradicionais marché aux puces de París, con postos editoriais, zonas de cata e espazos para a conversa e a sinatura de libros.

O evento será de acceso libre, mais é necesario inscribirse previamente enviando un correo a [email protected].

Na entrada, tanto os autores como os participantes rexistrados recibirán un gorro para o sol e poderán desfrutar dunha cata profesional, para a que contarán con mariñeiras e froitos secos, co fin de degustar cada viño con rigor.

A xornada contará tamén con actividades paralelas, sinaturas de libros e espazos de descanso, nun enclave único como é Vilaboa, que une natureza, historia e identidade.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Forno do Cal

N-554, 36142 Vilaboa

Está pasando!