Feira das Culturas Galegas Culturgal | Culturgal

This is a repeating event

Culturgal, Feira das Culturas Galegas en Pontevedra

ven01decConsultarCulturgal, Feira das Culturas Galegas en PontevedraDo 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra(Consultar: venres) Recinto Feiral de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A 16ª edición da Feira das Culturas Galegas Culturgal, terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e, por vez primeira, extenderá a súa actividade fóra da cidade do Lérez para ofrecer un programa expandido o 23 e 24 de novembro en Vigo. 

A programación xeral aglutina máis de 100 actividades nas que o espazo do Pazo da Cultura adquire unha importancia maior, ás que cómpre sumar máis doutra centena de propostas organizadas polas entidades expositoras.

A Feira das Culturas Galegas contará en 2023 con cinco escenarios: Literatura, Música, Escénicas, Infantil e Arte. Por eles veremos desfilar propostas do máis variado (recitais, avances, proxeccións, obradoiros, presentacións, concertos…) que inclúen nomes como Leilía, Bernardo Atxaga, Paula Carballeira, Yolanda Castaño, Jaione Camborda, Leilía ou a Orquestra Galega de Liberación.

Un ano máis, a organización da feira corre a cargo da Asociación Culturgal, constituída pola Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi).


Feira das Culturas Galegas Culturgal | Culturgal

Da poesía aos videoxogos

A poesía e o cómic serán dúas das disciplinas ás que Culturgal quere dedicar un gran peso. Dentro da primeira, os diversos recitais que o público poderá atopar no recinto reunirán voces como as de Helena de Carlos, Yolanda Castaño, María Lado, Oriana Méndez, Marga Tojo, Samuel L. París ou Dores Tembrás. Pola súa parte, o ciclo Ilustrando traerá ao Pazo da Cultura para debuxar en vivo cunha tableta gráfica a un amplo abano de profesionais da banda deseñada galega, como Kiko da Silva, Fran Bueno, María Bren, Edi García, Miguel Robledo ou Laura Romero.

A Feira das Culturas Galegas terá oco para as propostas que saen dos marcos con xéneros mestizos. Neste senso, presentarase o podcast de terror 13 Avisos. Historias para escoitar á noite, dirixido por Paula Carballeira, e haberá ocasión de presenciar o encontro das poéticas de Iria Piñeiro e Mónica de Nut en Kennebec. No recinto tamén haberá unha área de videoxogos con competicións de producións galegas e unha exposición dedicada a repasar a historia do videoxogo en Galicia.


Feira das Culturas Galegas Culturgal | Culturgal

O que vén

En Culturgal o público poderá achegarse ás producións que chegarán en 2024 á pantalla e aos escenarios. Proxectaranse avances de seis obras cinematográficas que se estrearán o ano que vén, ademais das exhibicións doutros filmes como Honeymoon, O Corno ou Matria. O Centro Coreográfico Galego e o Centro Dramático Galego presentarán a súa programación para o vindeiro ano, que no caso deste último inclúe a celebración do seu 40º aniversario.

As galerías e institucións artísticas que participan este ano no Espazo Arte representan modos de traballo novidosos e de relacións entre a arte e a sociedade existentes no contexto galego, mais tamén con certa vontade de transcendelos. Desde cadansúa ollada particular, estes proxectos realizarán un programa de actividades que incluirán performance, intervencións e obradoiros con diferentes artistas do país. Entre os postos atoparanse, por exempo, Solaina, Solaina (Lugo), Patio de Luz (Santiago de Compostela) ou La Doce (Boiro).

Un evento familiar

Culturgal continúa a ser un espazo de referencia para asistir en familia. A programación desta décimo 16ª edición mantén a relevancia das actividades para público infantil durante todas as xornadas con teatro, cinema, animación, obradoiros ou lecturas dramatizadas. Ademais, haberá un espazo de coidado de crianzas para que poidan xogar e divertirse conxuntamente.

Culturgal Expandido

Culturgal conta por primeira vez con dúas sedes. Baixo a denominación de Culturgal Expandido, os días 23 e 24 de novembro a Feira espallarase á Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Esta ampliación anticipa unha liña de traballo que continuará en futuras edicións, nunha procura tanto de novos públicos como de axeitarse ao mapa do país, segundo tamén destacou Víctor López. O Culturgal Expandido é posible grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra.

Entradas máis baratas

As entradas de Culturgal poden mercarse xa a través da web a un prezo reducido. A Feira custa de maneira xenérica un 25% menos, pois a entrada simple pasa de 4 a 3 euros. Como consecuencia, os bonos tamén baixan nunha proporción similar. Este descenso responde á vontade de Culturgal de favorecer a asistencia e participación de todos os públicos. En billeteira o prezo será máis elevado.


Feira das Culturas Galegas Culturgal | Culturgal

A cita con culturgal 2023

Culturgal, un evento único que se celebra anualmente reunindo ao sector cultural e aos seus públicos en Pontevedra. Este ano a Feira das Culturas Galegas terá lugar do 1 ao 3 de decembro no Pazo da Cultura, onde os públicos poderán achegarse ás as novidades editoriais, o último en audiovisual, novas propostas das artes escénicas, espectáculos de música ao vivo, servizos profesionais e outras iniciativas híbridas e vinculadas ao mundo da arte. Unha oferta de programación contemporánea e representativa da acción cultural no país con avances, estreas e actualidade, asi como un amplo punto de información e compra da produción cultural do ano.

Culturgal quere favorecer tamén o seu carácter como escenario de encontros entre profesionais e sectores, e de espazo para o nacemento e consolidación de proxectos. A Feira das Culturas Galegas busca reforzar os vínculos coas diferentes asociacións gremiais e promover a comunicación entre todos aqueles axentes e sectores que participan da actividade cultural.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

Está pasando!