Vega en concerto no Salón García

dom16abr12:30dom23:50Vega en concerto no Salón GarcíaCICLO 'ACHÉGATE AO SALÓN!'12:30 - 23:50 Salón García - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Con todas as entradas vendidas, o domingo 16 de abril Vega pechará a actual edición do ciclo ‘Achégate ao Salón’, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Vilagarcía.

Vega debuta no 2003 co seu primeiro álbum de estudo de cancións propias ‘India’. Edita con multinacionais como Sony e Universal os seus cinco primeiros álbums (‘India’, ‘Circular’, ‘Circular: Como girar sin dar la vuelta’, ‘Metamorfosis’ e ‘La Cuenta Atrás’).

En 2013 comeza a súa andaina independente co seu propio selo, La Madriguera Records, desde entón publicou 5 álbums máis, conseguindo con tres deles (‘Wolverines’, ‘La Reina Pez’ e ‘Diario de una noche en Madrid’) o N° 2 de vendas na listas oficiais de vendas españolas (Promusicae) e o N° 3 co seu álbum en italiano ‘Non Ho L’età’, elixido por Fernando Navarro para El País como un dos mellores discos do ano en 2017.

O seu último álbum é ‘Mirlo Blanco’ (décimo da súa carreira e 5º como artista independente) editado en febreiro de 2022 novamente co seu propio selo, alcanzou o N° 1 en vinilos máis vendidos e N° 2 en álbums nas listas oficiais de vendas españolas (Promusicae). Con él coroa 20 anos sobre os escenarios cunha proposta de rock-pop feminino de autor, enérxico, cheo de actitude e unha forte personalidade. Unha posta en escena contundente que non deixa indiferente a ninguén.


Hora

(Domingo) 12:30 - 23:50

Localización

Salón García

Rúa do Alcalde Rey Daviña, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!