José Antonio González, impulsor do Senda Festival | © Certain People

This is a repeating event

Senda Festival 2024 en Pontevedra

ven05xulConsultarSenda Festival 2024 en Pontevedra5 e 6 de xullo de 2024(Consultar: venres) Illa do Covo - Pontevedra

Detalles do Evento

A Illa do Covo volverá ser un paisaxe musical ao longo desta fin de semana. Nesta ocasión, a música electrónica do Senda soará polos altofalantes instalados na zona máis próxima ao campus universitario, deixando atrás a antiga localización dos antes coñecidos terreos de Tafisa.

Entre os días 5 e 6 de xullo, alén de calquera cambio no espazo, o Senda seguirá recollendo a súa idea principal e transversal: dar a coñecer novos artistas e novas tendencias na música electrónica a Pontevedra ao carón do Lérez e os seus camiños.



Trátase do primeiro ciclo musical dentro da programación das Festas do Verán e atópase impulsado por José Antonio González, Certain People, picadiscos e produtor pontevedrés (nado en Málaga) e unha das caras máis recoñecidas e recoñecíbeis da música electrónica na Boa Vila. Aos mandos do festival, este contará con artistas internacionais e estatais, coma Relex Blue (Alemaña), Heels & Soul (Gran Bretaña), Karne Kulture, Emikoto ou Yahaira.

Como acontece con todas as actividades promovidas desde o Concello de Pontevedra para o verán, a entrada ao festival será libre e de balde.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Illa do Covo

Illa da Xunqueira, s/n, 36005 Pontevedra

Está pasando!