3ª Mostra de Teatro de Barrio en Pontevedra

xov25set20:303ª Mostra de Teatro de Barrio en PontevedraCONCELLO DE PONTEVEDRA e A.c OS CARBALLIÑOS20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Do 24 de setembro ao 3 de outubro, o Teatro Principal de Pontevedra acolle a 3ª Mostra de Teatro de Barrio, organizada polo Concello de Pontevedra coa colaboración da Asociación Cultural Os Carballiños.

Desfeira Teatro, Escola Municipal da Illa de Arousa, Ilusionistas, Fauna 113, Amileños e Xenio serán os encargados de levar a escena as diferentes pezas de creación propia ou adaptacións.

Todas as funcións darán comezo ás 20:30 horas.

Entradas anticipadas á venda dende 3 euros en Ataquilla.com

A programación da 3ª Mostra de Teatro de Barrio é a seguinte:

MÉR 24 SET  ‘AI, AVOA’ (Desfeita Teatro)

Esta é a historia dunha familia de clase traballadora sumida na decadencia económica e moral debido á crecente voracidade da avoa.

A obra é unha crítica social á indolencia, o egoísmo e a falta de solidariedade, empregando o humor para expoñer a miseria humana e a perda de valores.

XOV 25 SET • ‘HISTORIAS DA ILLA’ (Escola Municipal da Illa de Arousa)

Onde conecta o presente co pasado recente.

Na Illa os maiores reúnensen no Parlamento, un espazo para tomar o aire, o sol… e charlar, unhas rapazas teñen que facer un traballo /estudo comparativo sobre a vida na illa.

Así coñecen/toman conciencia para tomar acción.

VEN 26 SET • ‘O MARABILLOSO MUNDO DE OZ’ (Ilusionistas)

Historia familiar de crecemento e superación persoal. 

Trata varios valores, entre outros o da forza da amizade, a autosuperación, vencer os medos, e se é en boa compañía mellor.

MÉR 1 OUT • ‘OS VECIÑOS DO LADO’ (Fauna 113)

María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio.

O que en princípio parece unha cea de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables.

XOV 2 OUT • ‘PRESCRICIÓN FACULTATIVA’ (Amileños)

Nunha familia a matriarca manipula a todos, algún dos fillos urden un plan xa que non soportan máis a tiranía da sua nai, e casi de súpeto a sua nai cambia radical mente, ainda que con efectos secundarios.

VEN 3 OUT • ‘FELIZ ANIVERSARIO’ (Xenio)

Unha familia, un aniversario, plans paralelos incompatibles, o champán está servido. A vivir!

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!