Presentación da 6ª Concentración Clásicos Fiolledo | © Concello de Salvaterra de Miño

6ª Concentración 'Clásicos Fiolledo' en Salvaterra

sáb02set09:00sáb23:506ª Concentración 'Clásicos Fiolledo' en Salvaterra Asociación Cultural Club de Clásicos Fiolledo Condado Paradanta09:00 - 23:50 Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

A primeira fin de semana de setembro a Asociación Cultural Club de Clásicos Fiolledo Condado Paradanta organiza a sexta edición da Concentración de Coches Clásicos e ruta ‘Clásicos Fiolledo’ en Salvaterra de Miño.

A xornada dará comezo ás 09:00 da mañá coa recepción de coches no Parque da Canuda e ás 10:00 sairán os coches cara a ruta que parará para comer no Restaurante Castelo e que despois seguirá o seu percorrido ata o Campo de Fútbol de Corzáns onde haberá diferentes actividades, comida, música e sorteos.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 25 de agosto e os interesados poderán
anotarse no teléfono 678 261 882 ou no correo clasicosfiolledooficial@gmail.com


Hora

(Sábado) 09:00 - 23:50

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!