'A galiña dos ovos de conto', con Pedras de Papel en Pontevedra

ven22nov17:30ven18:30'A galiña dos ovos de conto', con Pedras de Papel en Pontevedraapego no outono 202417:30 - 18:30 Pazo da Cultura de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Pedras de Papel presenta ‘A galiña dos ovos de conto’, un obradoiro creativo que axunta narración oral e arte plástica a través da creación de personaxes de conto con pasta de papel reciclada.

Como todas as galiñas do mundo, Rosiña pon ovos, pero non son uns ovos normais. Os ovos de Rosiña son ovos de conto. Queres coñecela?

Esta actividade celebrarase o venres 22 de novembro, de 17.30 a 18.30 horas na Cova dos Libros do Pazo da Cultura de Pontevedra. 

Dirixido a familias con crianzas de 3 a 6 anos. O acceso é de balde, mais require inscrición previa en apuntate.pontevedra.gal.

As prazas son limitadas. Para sumarse ao programa Apego cómpre solicitar cita a través do formulario do web apego.gal ou no teléfono 986 863 157 do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.


Está pasando!