Mercado Municipal de Pontevedra | © Atlantis Comunicación

This is a repeating event

‘Conversas do primeiro andar’ no Mercado de Pontevedra

xov21nov20:00‘Conversas do primeiro andar’ no Mercado de PontevedraMúsica, libros e viño no Gastroespazo do Mercado 20:00 Mercado Municipal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Música, libros e viño tecen os vimbios do ciclo ‘Conversas do primeiro andar’, a nova iniciativa para dinamizar o gastro-espazo de O Mercado presentada pola concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, xunto co responsable da programación, o produtor musical Marcos Rivas.

«Traballamos con actividades dinamizadoras que aporten valor engadido a un equipamento que temos no corazón da zona monumental como esta proposta de ‘Conversas no primeiro andar’», explicou a concelleira. Para, de seguido, subliñar que son actividades «que teñen como fío condutor recordar que estamos nun mercado, un punto de venta de produto fresco e de calidade».

O ciclo comeza o vindeiro sábado 19 de outubro e rematará o 23 de novembro. En total seis citas nas que haberá moita música, moitos libros e tempo para coñecer, catar e gozar de bos viños da terra. Unha programación lúdico-cultural «de acceso libre e gratuíto».

Unha conversa sobre Viños naturais con Adrián Guerra e o concerto Conexión Atlántica de Escocia a Galicia, con Bernard Taylor & Roger de Flor, a partir das 20.00 horas do sábado 19 de outubro, levantará o pano desta nova iniciativa.



A programación do ciclo ‘Conversas do primeiro andar’ é a seguinte:

SÁB 19 OUT

  • 18:30 h. Conversa con ADRIÁN GUERRA de Viños Vivos ¿Viños naturais?
  • 20:00 h. Concerto de CONEXIÓN ATLÁNTICA DE ESCOCIA A GALICIA con BERNARD TAYLOR & ROGER DE FLOR

SÁB 26 OUT

  • 20:00 h. Concerto de KEVIN HERM CONNOLLY

XOV 07 NOV

  • 20:00 h. Conversa de FERNANDO FERNÁNDEZ REGO. “Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo e Underground”

XOV 14 NOV

  • 20:00 h. Presentación do libro ‘Lo tengo en vinilo’ de OSCAR AVENDAÑO
  • Conversa Viños con Personalidade PABLO VIDAL. Modera Carlos Crespo. Showcase Oscar Avendaño

XOV 21 NOV

  • 20:00 h. Presentación do libro ‘¿Que no se te note’ de ROCÍO SAIZ
  • Presentación da Bodega ANONIMAS VITICULTORAS de CRISTINA YAGUE e MARÍA FALCÓN. Modera Susana Pedreira. Showcase de Buenatarde e Rocío Saiz

SÁB 23 NOV

  • 18:00 h. Presentación do libro ‘Galicia Musicalidade’ de NOEL TURBULENCIAS e conversa con JAVIER COYA. O Viño na Pontevedra Actual. Modera Belén López

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Mercado Municipal de Pontevedra

Rúa Serra, 5 - 36002 Pontevedra

Está pasando!