Presentación de ‘A Lanzada na Historia’ | Concello de Sanxenxo

This is a repeating event

‘A Lanzada na Historia’

ven20xuñConsultar‘A Lanzada na Historia’20, 21 e 22 de xuño de 2025(Consultar: venres) A Lanzada - Sanxenxo

Detalles do Evento

Concello de Sanxenxo organiza ‘A Lanzada na Historia’ unha nova proposta cultural coa que se trata de poñer en valor a tradición e rememorar parte da historia deste enclave.

A cita terá lugar os días 20, 21 e 22 de xuño na contorna da torre, BIC desde 1985, e na chaira onde se celebran as festas patronais. Durante tres días, A Lanzada transformarase nun espazo vivo da Idade Media, ofrecendo ao público un mercado tradicional, espectáculos de música, teatro, xogos populares e recreacións históricas nun ambiente festivo e participativo.

O Concello convida a todos os veciños e visitantes a vivir vestidos para a ocasión e a desfrutar desta nova proposta cultural, pensada para todos os públicos, agardando que ‘A Lanzada na Historia’ se consolide ano tras ano como unha cita imprescindible nas Rías Baixas.


Presentación de ‘A Lanzada na Historia’ | Concello de Sanxenxo

O ambiente festivo comezará o venres, ás 16 horas, co mercado medieval, pero non será ata as 16:30 horas cando se inaugure coa lectura do pregón a cargo da concelleira de Educación e veciña da parroquia, Nati Parada. A continuación, haberá animación musical con Os do Barro. Pola noite, a partir das 21:30 horas, haberá actuación musical de Os Firrás e, ás 23:30 horas, queimada tradicional.

O sábado, a actividade dará comezo ás 10 horas, co mercado medieval. Ás 11 horas, haberá Tiro con Arco e as 13 horas, actuación musical de Arroba de Viño. Ás 16 horas, xogos populares tirasoga, carreira de sacos e carreira de carretas. Ás 18 horas, Loita Medieval, e, a partir das 21:30 horas, concerto A Banda do Sequío. Ás 23:30 horas realizarase unha representación do rito de ‘As nove ondas’. 

Durante todo o día haberá nora, barca e xogos populares.

O domingo, estará aberto o mercado medieval e haberá a actuación musical de Arroba de viño, ás 13 horas

Hora

Consultar (Venres)

Localización

A Lanzada

Camiña da Ermida da Lanzada, 36990 A Lanzada

Está pasando!