Accións formativas nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

lun08mai(mai 8)00:00xov29xuñ(xuñ 29)23:59Accións formativas nas aulas CeMIT de Chapela e RedondelaCursos de informática gratuítos(maio 8) 00:00 - (xuño 29) 23:59 Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

A Concellería de Novas Tecnoloxías de Redondela desenvolverá, durante os meses de maio e xuño, unha serie de accións formativas nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela, en horarios de mañá e tarde.

Estes cursos son totalmente gratuítos aínda que con prazas limitadas que serán asignadas por rigorosa orde de inscrición: Redondela oferta 16 prazas por curso e Chapela 12 prazas.

CURSOS INFORMÁTICA – REDONDELA

Do 8 de maio ao 28 de xuño en horario de tarde:

  • COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS
  • APLICACIÓNS INFORMÁTICAS DE XESTIÓN
  • AULA ABERTA (5 e 19 de maio – 2, 16 e 30 de xuño): Seminarios de Subvencións co concello etrámites na sede electrónica (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e outro en Chapela. Horario: de 16.30 a 20.30 horas.

CURSOS INFORMÁTICA – CHAPELA

Do 9 de maio ao 29 de xuño en horario de mañá:

  • CREACIÓN DE ÁLBUM DE FOTOS (PHOTOFANCY E POWERPOINT)
  • OFIMÁTICA NA NUBE: MICROSOFT ONEDRIVE
  • AULA ABERTA (12 e 26 de maio – 9 e 23 de xuño): Seminarios de Subvencións co concello e trámites na sede electrónica (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e outro en Chapela. Horario: de 9.30 a 13.30 horas.


As instancias para participar nos cursos, con matrícula aberta dende o 12 ao 29 de abril, pódense recoller na páxina web de Redondela, no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

A presentación de ditas solicitudes e a documentación precisa, farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela tendo en conta que a selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida se lle chamará por teléfono para confirmar a súa participación.

Ademais os venres darase o servizo de Aula Aberta, onde calquera cidadán/á poderá achegarse ás aulas (un venres en Redondela, o seguinte en Chapela, e así sucesivamente) para poder facer calquera consulta e aprender a tramitar co concello e trámites na sede electrónica (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións).

Hora

Maio 8 (Luns) 00:00 - Xuño 29 (Xoves) 23:59

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!