'Achegamento ás novas tecnoloxías' en Marín

mér22xan(xan 22)11:00mér09abr(abr 9)12:00'Achegamento ás novas tecnoloxías' en MarínObradoiro gratuíto na Aula Cemit(xaneiro 22) 11:00 - (abril 9) 12:00 Biblioteca Pública Municipal de Marín - Marín

Detalles do Evento

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, pertencente á Rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, realizará dende o 22 de xaneiro ata o 9 de abril de 2025 o obradoiro ‘Achegamento ás novas tecnoloxías’, todos os mércores en horario de mañá, dende as 11:00 ata as 12:00 horas, na Aula Cemit da Biblioteca Municipal de Marín.

O obxectivo deste obradoiro é ofrecerlle á comunidade os nosos servizos e contribuír no benestar social das persoas maiores do municipio.



Con este obradoiro pretendemos brindar apoio ás persoas maiores no uso das novas tecnoloxías para que poidan desenvolverse na súa vida diaria e sexan coñecedores tanto das utilidades e beneficios como dos perigos e limitacións do seu uso.

A dirección da Aula Cemit na Biblioteca Municipal é a seguinte: Avenida de Ourense, 8 (Marín). O teléfono de contacto para anotarse é o 636 578 034 (é preciso chamar ou mandar unha mensaxe para anotarse).

Hora

Xaneiro 22 (Mércores) 11:00 - Abril 9 (Mércores) 12:00

Localización

Biblioteca Pública Municipal de Marín

Avenida de Ourense, 8 - 36900 Marín

Está pasando!