Cursos de competencias dixitais en Redondela

lun14outConsultarxov05decCursos de competencias dixitais en Redondelacursos gratuítos para nen@s e adolescentes de 9 a 17 anos(Consultar) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante os meses de outubro a decembro, nas Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente gratuítos dirixidos a nenos, nenas e adolescentes de 9 a 17 anos onde abarcarán competencias dixitais.

Campamento Dixital é un programa de actividades extraescolares con sesións de 30 horas de formación gratuíta máis actividades complementarias en liña guiadas, polas tardes como unha actividade extraescolar.

A aprendizaxe está exposto como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.



Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.

Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios máis de 90 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela e na de Chapela.

As instancias para participar nos cursos pódense recoller en redondela.gal, no Centro de Formación A Marisma (á beira da piscina municipal) e no multiusos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

A presentación solicitudes e a documentación precisa farase nos rexistros habilitados do Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.

Hora

Outubro 14 (Luns) - Decembro 5 (Xoves)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!