'Adictos', obra de teatro en Vigo

xov08dec20:30'Adictos', obra de teatro en Vigotempada abonos Teatro Afundación Vigo20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Enmarcada na Tempada de Teatro de Afundación Vigo,  a Obra Social de Abanca trae o xoves 8 de decembro ao Teatro Afundación de Vigo ‘Adictos’, de Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez.

«Unha obra en que a soidade, o medo e a inxustiza van da man da saudade, a complicidade, o amor e a memoria»

1 h 25 min | Castelán | NRM 16

Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todo o mundo: ata que punto nos somete a tecnoloxía? somos realmente libres? que panorama nos amosa o futuro máis próximo?

Unha ficción con personaxes que manifestan inquedanzas que nos atinxen, cuestionando paradigmas que, ata agora, asumimos como válidos, mais que poden esconder mentiras que estean distorsionando as nosas vidas.

Os autores reivindican a través deste texto a capacidade de reacción do ser humano

  • Dirección: Magüi Mira
  • Elenco: Lola Herrera, Ana Labordeta, Lola Baldrich
  • Produción: Jesús Cimarro

Entradas anticipadas á venda desde 16,20 euros en Ataquilla.com

Esta tempada enmárcase en Cultura por Alimentos, un programa lanzado por Afundación Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obsectivo de contribuir a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Afundación convida a todas as persoas que asistan ás funcións a colaborar con esta campaña solidaria, doando productos non perecedoiros que poderán depositar na entrada do teatro.

Descarga aquí o folleto programación Tempada Abono Teatro Afundación Vigo Setembro-Decembro 2022.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!