Anabel Alonso protagoniza 'La mujer rota' en Vigo

dom22mar19:30Anabel Alonso protagoniza 'La mujer rota' en VigoDe Simone de Beauvoir19:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

O domingo 22 de marzo, a actriz Anabel Alonso subirá ao escenario do Teatro Afundación de Vigo para interpretar ‘La mujer rota’.

Con texto de Simone de Beauvoir, a obra explora a crise existencial dunha muller que, soa na súa casa, sen poder durmir, enfróntase aos seus recordos, ao seu presente e ao seu futuro.

A directora do espectáculo, Heidi Steinhardt, destaca entre as grandes características deste texto de Beauvoir unha distancia do «pensamento maniqueo» que lle permite «deixar sobre a mesa moitos interrogantes e ningunha resposta».

«Un retrato do proceso psicolóxico polo que atravesa unha muller que tenta sobrevivir á dor»

Noiteboa. Murielle está soa na súa casa. Os ruídos da rúa e os berros dos veciños celebrando impiden que poida durmir.

Nesta vixilia, os recordos enfrontanse a un presente desolador e un futuro pouco esperanzador. O perdido, o arrebatado, o fracaso e a soidade deixárona fóra de xogo, vagando nun limbo onde loita entre a supervivencia e a morte.

A súa verdadeira traxedia, que tamén é comedia, destrozou a súa autoestima como muller, esposa, nai e filla.

É unha viaxe psicolóxica complexa e profunda cara á luz persoal e á capacidade de seguir adiante.

Duración: 90 minutos.

Idade mínima: 18 anos.

Entradas anticipadas a la venta desde 17,80 euros en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 19:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!