Participantes nunha edición anterior da Feira Franca | Concello de Pontevedra

Apertura da Oficina da Feira Franca de Pontevedra

lun16xuñConsultarmér16xulApertura da Oficina da Feira Franca de PontevedraConcello de Pontevedra(Consultar) Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A Concellaría de Festas de Pontevedra xa traballa unha nova edición da Feira Franca que este ano se celebrará na fin de semana do 5 e 6 de setembro. A temática desta edición é “As meigas”.

O luns 16 de xuño abre a Oficina da Feira Franca para atender a todas as persoas que queiran inscribirse para participar activamente na festa ben sexa para solicitar posto de xantares e ceas, para montar no mercado medieval ou para a hostalaría do centro histórico.

O prazo de inscrición estará aberto até o 16 de xullo. Nesta ocasión a Oficina da Feira Franca trasládase ás oficinas municipais de Cultura do Teatro Principal ás que se poden acceder pola rúa Don Filiberto. A atención ao público será de 10 a 14 horas.

As solicitudes poden presentarse presencialmente na citada oficina, pero tamén de xeito telemático a través dos formularios habilitados na web.

Para calquera dúbida tamén poden remitir un correo electrónico a [email protected]

Hora

Xuño 16 (Luns) - Xullo 16 (Mércores)

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!