'Backstage' de Negro López en Vigo

ven27xan(xan 27)18:00sáb28xan(xan 28)18:00'Backstage' de Negro López en Vigosala ártika de vigo18:00 - 18:00 (28) Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 27 e domingo 28 de maio ás 18:00 horas a Sala Ártika contará co espectáculo ‘Backstage’ da compañía Negro López.

Un músico está a piques de dar un concerto en solitario. Antes de que chegue o público, prepárase entre bambolinas. Inmediatamente comezan os problemas: non atopa as cousas, perde as partituras, ponse nervioso… e todo porque o rexedor do teatro é todo un… pallaso.

Durante o transcurso da peza, a través do humor físico, a música e o xogo constante co espectador, veremos a parte máis divertida do que sucede antes de saír a escena. Porque, ás veces, o mellor dos espectáculos ocorre tras o pano.

Pero é máis divertido cando fracasan.

  • Idade recomendada: +5 anos
  • Duración: 50 minutos

Entradas anticipadas a 8 euros + gastos de xestión  (dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función) en artikavigo.com e a 10 euros na billeteira.


Hora

27 (Venres) 18:00 - 28 (Sábado) 18:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!