A Mostra de Artesanía de Cangas do Morrazo, Argálica, volve aos Xardíns do Sinal do 11 ao 27 de xullo 

9 Xuño 2025

Do 11 ao 27 de xullo os Xardíns do Sinal acollen a XXXIV Mostra de Artesanía de Cangas do Morrazo, Argálica, a feira de artesanía máis importante do Sur de Galicia.

A mostra contará con gran variedade de produtos elaborados artesanalmente e representativos dos oficios tradicionais galegos, con postos de marroquinería, metalistería, cerámica, madeira, marionetas, esmalte, forxa, etc.

Durante 17 días, este espazo convértese nun lugar vivo, cheo de creacións únicas, saber facer, xente curiosa e ambiente de feira da boa. Aquí as mans contan historias, e cada caseta é unha xanela aberta á alma do oficio do artesán.

horario de apertura das casetas é de 11:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 23:00 horas.

Argálica está organizada pola Asociación para o Fomento e Impulso da Artesanía de Galicia (AFIGA).

Está pasando!