‘Brokeback Sabucedo’ | © Sal do Teatro

'Brokeback Sabucedo (paixón entre bestas)' en Pontevedra

xov18abr21:00'Brokeback Sabucedo (paixón entre bestas)' en PontevedraCiclo Ponteatro 202421:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro da programación do ciclo ‘Ponteatro’, o xoves 18 de abril ás 21:00 horas no Teatro Principal de Pontevedra, a compañía Sal do Teatro porá en escena a obra ‘Brokeback Sabucedo (paixón entre bestas)’.

Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. Roi marchou vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila.

No seu encontro en Sabucedo xorden outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón. ‘Brokeback Sabucedo’ é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.

  • Texto: Santiago Telmo e Carlos Losada
  • Dirección: Rocío Romero
  • Elenco: Borja Salgado e Santiago Telmo
  • Duración: 65´

Entradas anticipadas á venda dende 8 euros en Ataquilla.com. De non esgotarse anticipadamente, as entradas estarán á venda unha hora antes na billeteira do Principal.


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!