'Burbujas' de CantaJuego en Vilagarcía

sáb13abr16:30'Burbujas' de CantaJuego en VilagarcíaCancións cheas de movemento e enerxía para cantar e bailar16:30 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O sábado 13 de abril, CantaJuego presenta no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa o seu novo espectáculo ‘Burbujas’, con cancións novas e creativas, entre as que se atopa o que dá nome a este espectáculo.

Cancións cheas de movemento e enerxía para cantar e bailar, que compartirán lugar cos favoritos de sempre.

Coa axuda dos teus amigos CantaJuegos, dos inevitables Coco, Pepe e Buby e do noso novo amigo, o Paxariño, todo está preparado para un encontro inesquecible.

A risa, o humor e o cariño serán os protagonistas desta xornada, para xogar con cada burbulla de cores, ao ritmo de cada canción.

Agardámosvos para compartir este espectáculo e pasar un rato moi especial e divertido, ao puro ritmo dos grandes éxitos de CantaJuego.

Dúas funcións, ás 16:30 e ás 19:00 horas.

Entradas anticipadas á venda dende 18 euros en Ataquilla.com


Hora

(Sábado) 16:30

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!