'Cambio e conto' con Raquel Queizás en Redondela

xov25set18:00'Cambio e conto' con Raquel Queizás en Redondelaprograma ‘Ler Conta Moito’ 18:00 Biblioteca Municipal de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

A actriz, monicrequeira, filóloga e contadora de historias, Raquel Queizás, presentará o xoves 25 de setembro, na Biblioteca Municipal de Redondela, o seu espectáculo para bebés ‘Cambio e conto’.

Nano está moi feliz, naceu o súa irmá máis pequena, Nona, e vai coidar dela.

Pero ao chegar a noite Nona non quere ir á cama. Nano ten unha misión, conseguir durmir a Nona sexa como sexa.

Esta proposta inclúe contos tradicionais, lendas locais, adaptacións literarias e historias propias, sempre coa participación activa do público familiar, que se converte nun elemento fundamental da montaxe.

O humor e a interacción son as claves deste espectáculo, que se ofrece con entrada gratuíta ata completar aforo, grazas ao apoio do programa ‘Ler Conta Moito’ da Xunta de Galicia.

Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Biblioteca Municipal de Redondela

Paseo da Xunqueira, s/n. Edificio Multiusos da Xunqueira. 36800 Redondela

Está pasando!