Concha Martínez Barreto. Serie s/t 46, 2021-23. Foto: cortesía da artista

'Cando remata o día', exposición en Vigo

ven14xulConsultardom14xan'Cando remata o día', exposición en VigoConcha Martínez Barreto(Consultar) MARCO - Vigo

Detalles do Evento

A obra de Concha Martínez Barreto (Fuente Álamo, Murcia, 1978) salienta pola súa fidelidade a un núcleo de temas e obsesións que, mediante técnicas moi diversas, se instalan ineludiblemente entre o pasado e o vivencial.

Lonxe de ter un carácter simplemente confesional, na súa obra prevalece a ocultación e o misterio, amosando a dificultade de acceso aos temas principais que entretecen o seu traballo: temores, anhelos e tristezas.

Concha Martínez Barreto. Serie s/t 49, 2021-23. Foto: cortesía da artista

‘Cando remata o día’, remite a un tempo nocturno, entendido como ese lugar de soidade e despoxamento do superfluo onde a artista se reatopa co pasado, co agochado, cos medos máis primarios, se cadra non tan afastados dos da nosa infancia.

Todas as obras da exposición convocan medos e desexos, afectos e traumas: unhas cartas que ao borrarse reescríbense; unhas pinturas que agochan máis do que amosan; o niño inapreciablemente amalgamado con veleno; os días e os seus baleiros; uns paxaros que baten as ás desesperados por non caer; as miradas dos dormentes profundamente escavadas no tempo ou a casopa que é á vez refuxio e intemperie… aluden, todas elas, á incerteza e a como o desamparo habita no centro da noite.

Concha Martínez Barreto. Casa, 2023 (detalle). Foto: cortesía MARCO/María Seoan

Este proxecto concibido para o MARCO é o máis ambicioso na traxectoria de Martínez Barreto, e está articulado, como é habitual nas súas exposicións, a través de traballos pictóricos, fotográficos e escultóricos.

En canto á pintura –parte esencial da súa obra–, preséntanse obras de nova produción que serven como unha especie de fío condutor entre todas as pezas.

Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 21.00 horas, domingos, de 11.00 a 14.30 horas.

Obradoiros de verán

  • Colabora: Fundación “la Caixa”
  • Do 4 ao 28 de xullo de 2023
  • Horario: de martes a venres de 11.00 a 12.30 (de 3 a 6 anos) e de 12.30 a 14.00 (de 7 a 12 anos)
  • Previa inscrición: tel. 986 113 900 Ext. 100 / Correo-e: recepcion@marcovigo.com

Programación para escolares

  • Colabora: Fundación “la Caixa”
  • A partir do 10 de outubro de 2023
  • Horario: de martes a venres de 10.00 a 13.00
  • Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 100 / 986 113 908 / Correo-e: comunicacion@marcovigo.com

Talleres infantiles

  • Colabora: Fundación “la Caixa”
  • A partir do 14 de outubro de 2023
  • Horario: sábados de 11.00 a 12.30 (de 3 a 6 anos) e de 12.30 a 14.00 (de 7 a 12 anos)
  • Previa inscrición: tel. 986 113 900 Ext. 100 / Correo-e: recepcion@marcovigo.com

Información e visitas guiadas

  • O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:
  • Todos os días ás 18.00
  • Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita nos tel. 986 113 900 / 986 113 908

Rutas interactivas a través da App Vigo

  • O sistema de rutas interactivas a través da App Vigo permite aos visitantes acceder a todo tipo de contido sobre a exposición (vídeos, imaxes, información específica sobre as obras), sexa no propio espazo mediante os beacons ou dispositivos bluetooth situados en salas, ou en calquera outro lugar, seguindo a ruta dende a pantalla do móbil unha vez descargada a aplicación, ou dende o seu equipo a través da web do Concello de Vigo.

Hora

Xullo 14 (Venres) - Xaneiro 14 (Domingo)

Localización

MARCO

Rúa Príncipe, 54 36202 Vigo

Está pasando!