'Cantaxoga' con Migallas Teatro en Caldas de Reis

ven09ago19:30'Cantaxoga' con Migallas Teatro en Caldas de Reiscultura no camiño 202419:30 Concello de Caldas de Reis - Caldas de Reis

Detalles do Evento

O venres 9 de agosto ás 19:30 horas, Migallas Teatro presenta ‘Cantaxoga’ na Praza das Palmeiras de Caldas de Reis

‘Cantaxoga’ é un espectáculo de teatro e música onde María Campos e Carlos Yus interpretan cancións dos discos ‘Canta connosco!’ e ‘Pan de millo’ acompañados por unha banda de pulgas (a música e os coros están gravados pero as voces solistas son ao vivo) e realizan sktechs cómicos relacionados cos contidos das cancións.

Entre outros obxectivos, este espectáculo ten como finalidade demostrar que na lingua galega, ademais da música tradicional, teñen cabida todos os estilos e tendencias musicais: rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba, fusión étnica…

Un dos sktechs é o relativo ao ‘O rap da lingua’, onde se anima dun xeito humorístico as nais e os pais e as persoas adultas en xeral a falarlle en galego á cativada.

Este espectáculo forma parte do programa Cultura no Camiño 2024.

Hora

(Venres) 19:30

Localización

Concello de Caldas de Reis

Está pasando!