Trío Fortuny | © Marta Mas

Concerto do Trío Fortuny en Pontevedra

lun14out20:30Concerto do Trío Fortuny en PontevedraSOCIEDADE FILARMÓNICA DE PONTEVEDRA20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Dentro da tempada 2024-2025 organizada pola Sociedad Filarmónica de Pontevedra, o luns 14 de outubro no Teatro Principal de Pontevedra, o Trío Fortuny, formado por Joel Bardolet (violín), Pau Codina (violonchelo) e Marc Heredia (piano), ofrecerá un concerto no que interpretarán obras de Beethoven, Beach e Tchaikovski.

  • BEETHOVEN: Trío para violín, violonchelo e piano nº 5 en Re mayor, op. 70 nº 1
  • BEACH: Trío para violín, violonchelo e piano en La menor, op. 150
  • TCHAIKOVSKI: Trío para violín, violonchelo e piano en La menor, op. 50

O Trío Fortuny nace da amizade entre tres músicos cunha intensa actividade en toda Europa, xa sexa liderando orquestras, actuando como solistas, facendo música de cámara e outros proxectos singulares. As súas experiencias individuais alimentan cada encontro e enriquecen o traballo de todos os seus programas. Formado polo violinista Joel Bardolet, o violonchelista Pau Codina e o pianista Marc Heredia, o Trio Fortuny consolidou a súa proposta actuando en importantes escenarios Europeos e gravando dous álbums en formato vídeo dixital con obras de Schubert e Brahms; e de Beethoven, Shostakóvitx e Mendelssohn.

O diálogo entre estes tres músicos reflicte influencias de Ferenc Rados, Rainer Schmidt, Claudio Martínez, Gary Hoffman, Anton Kernjak e Jonathan Brown, entre outros. Actuaron en importantes festivais como o Wissembourg International Music Festival, Portaferrada, L’Auditori de Barcelona, o Festival Bachcelona, a Tempada Ibercamera Xirona, o Centro Nacional de Difusión Musical, e o Palau da Música Catalá -onde despregan a súa residencia artística durante tres tempadas desde a 2023-2024.

O trío bautizouse co nome do pintor, debuxante e gravador Marià Fortuny i Marsal (Reus, 1838 – Roma, 1874). E xustamente o ano en que se cumpren 150 anos da súa morte, os Fortuny gravaron o seu primeiro disco, con bras de Magrané e Tchaikovsky. Ata o momento sacaran álbums en formato vídeo dixital, como o directo que ofreceron na Tempada Ibercamera Xirona 2018-2019.

Esta tempada actuaron, entre outros, no Festival Dansaneu, en Vall d’Áneu; e no Festival Internacional de Música de Cámara de Esbjerg, en Dinamarca. En novembro farano en Vic e no Auditorio de Cornellá.



Esta programación poderá estar suxeita a variacións. Neste caso, a Xunta Directiva da Sociedade trataría de avisar con suficiente antelación aos socios.

Cotas: Adultos (12 euros/mes). Xuvenís (6 euros/mes). Para darte de alta como socio, podes facelo os días de concerto ou na páxina web www.filarmonicapontevedra.org

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!