'Certificados en Cultura do Viño. Nivel II' en Pontevedra

xov13mar(mar 13)18:00xov27mar(mar 27)21:30'Certificados en Cultura do Viño. Nivel II' en PontevedraA Galicia do viño. Namórate dos seus viños como nunca chos contaron18:00 - 21:30 (27)

Detalles do Evento

Afonda nos viños de Galicia con este curso, no que explorarás a inmensa diversidade do seu viñedo e os lugares, as uvas e as persoas que puxeron o acento galego nas mesas máis prestixiosas do mundo.

Unha análise líquida do espirituoso atlántico e da súa longa traxectoria vinícola, e de como ambos factores se traducen nos viños que bebemos hoxe en día e nas variedades ancestrais que volveron manterse durante uns séculos máis.

Este nivel está dirixido tanto a profesionais como afeccionados e amantes do viño en xeral, que desexen seguir afondando na técnica da cata a través de Galicia e os seus viños.

Contidos: Historia do viño en Galicia | Principais variedades | Clima e solo | Rías Baixas | Ribeiro | Ribeira Sacra | Valdeorras | Monterrei | Betanzos | Barbanza e Iria | Ribeiras do Morrazo | Val do Miño-Ourense | Terras do Navia

  • Cata comentada de 20 viños
  • 10 horas de formación

Lugar: Aula 5ª planta da Sede Afundación Pontevedra. Rúa Augusto González Besada, 2 – 36001. Pontevedra.

Datas: 13, 20 e 27 de marzo de 2025.

Horario: De 18:00 a 21:30 horas (cada unha das 3 xornadas do curso).

Impartido por: Instituto Galego do Viño, entidade educativa privada líder na transformación do mundo do viño en Galicia, con máis de 10 anos de historia dedicada á difusión da cultura do viño e a dar a coñecer os viños galegos ao resto do mundo.



Os Certificados de Cultura do Viño ofrecen un percorrido no que adquirir, dun xeito sinxelo, os coñecementos necesarios para gozar do viño, desde os fundamentos do cultivo e da produción ata un percorrido sensorial polos viñedos e estilos máis emblemáticos do planeta. Unha viaxe de culturas, paisaxes e emocións que busca descubrir a alma do viño, dividida en 5 niveis de 3 tardes, 10 horas e 20 viños cada un, cos que divertirse e aprender ao mesmo tempo.

  • Nivel I_ Que viño pido? Aprende a escoller e gozar dos teus viños favoritos
  • Nivel II_ A Galicia do viño. Namórate dos seus viños como nunca che dixeron
  • Nivel III_ Viaxe á España líquida. Fai un percorrido por 20 viticultores imprescindibles
  • Nivel IV_ Europa en viño. Coñece as novas tendencias do vello continente
  • Nivel V_ Viños do Novo Mundo. Descubre cepas centenarias para persoas sen complexos

Hora

13 (Xoves) 18:00 - 27 (Xoves) 21:30

Está pasando!