Chocolatada e actuación de Cé Orquestra Pantasma en Vilagarcía

ven26dec18:30Chocolatada e actuación de Cé Orquestra Pantasma en VilagarcíaNadalízate!18:30 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O venres, 26 de decembro, a asociación Zona Aberta de Vilagarcía organiza unha chocolatada amenizada por Cé Orquestra Pantasma.

Será a partir das 18:30 horas, na Praza de España.

O espectáculo ‘A Voar!’ é unha proposta emotiva, musical e participativa ideada por Cé Orquestra Pantasma (César Freiría) que combina contacontos, música e xogo para ofrecer unha experiencia máxica para público familiar.

A partir do relato da pequena Xoana, movida pola curiosidade e o desexo de voar, empréndese unha viaxe de descubrimento persoal que representa unha metáfora sobre a liberdade, o crecemento e a confianza nun mesmo.

O espectáculo caracterízase por un estilo fresco, intelixente e moi próximo, onde o humor e a música funcionan como canle de conexión directa coa infancia.

A estética é colorida e minimalista á vez, facendo que o protagonismo recaia na expresividade do artista e na participación do público. A atmosfera é lúdica, familiar e completamente segura para o xogo libre e o baile.

Hora

(Venres) 18:30

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!