Ciclo de cinema 'Dulce bellum inexpertis'

ven07nov(nov 7)19:00ven30xan(xan 30)19:00Ciclo de cinema 'Dulce bellum inexpertis'de novembro de 2025 a xaneiro de 202619:00 - (xaneiro 30) 19:00 Casa das Campás. Vicerreiroría do Campus de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle, de novembro de 2025 a xaneiro de 2026, o ciclo de cinema ‘Dulce bellum inexpertis’, dirixido a afondar nos efectos e consecuencias das guerras a través de filmes de diferentes xéneros.

Promovido pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello de Pontevedra, abrangue sete proxeccións, abertas a toda a cidadanía, entre os meses de novembro e xaneiro.

Cinema de outono | ‘Dulce bellum inexpertis

‘Dulce bellum inexpertis’ é un adagio que Erasmo de Rotterdam popularizou argumentando algo tan obvio que convén non esquecer: a guerra só ten unha aura de beleza mítica para aquelas persoas que non coñecen as súas traumáticas e devastadoras consecuencias.

Pois esta verba, de orixe xermánico, convértese en demasiadas ocasións nun comodín de uso coloquial que insconscientemente oculta a súa verdadera substancia, o que realmente supón: unha apocalipse ética e moral.

Por ese motivo, esta escolma de filmes intenta reflectir que o cinema pode funcionar como un dispositivo estético, ideolóxico e dialéctico que denota que a guerra é transhistórica e transxeográfica.

A programación do ciclo de cinema ‘Dulce bellum inexpertis’ é a seguinte:

  • 7 de novembro. 19:00h. ‘O imperio’ (‘L’Empire’, Bruno Dumont, Francia, Alemaña, Italia, Bélxica, 2024, 110’, Cor).
  • 14 de novembro. 19:00h. ‘Berlín Occidente’ (‘A Foreign Affair’, Billy Wilder, Estados Unidos, 1948, 111’, B/n).
  • 28 de novembro. 19:00h. ‘1917’ (‘1917’, Sam Mendes, Reino Unido I 2019 I 119’, Cor).
  • 19 de decembro. 19:00h. ‘1941’ (‘1941’, Steven Spielberg, Estados Unidos, 1979, 118’, Cor).
  • 16 de xaneiro. 19:00h. ‘Catro de infantería’. (‘Westfront 1918: Vier von der Infanterie’, Georg Wilhelm Pabst, Alemaña, 1930, 93’, B/n).
  • 23 de xaneiro. 19:00h. ‘La Traversée’. (‘La Traversée’, Florence Miailhe, Francia, Alemaña, Chequia, 2020, 84’, Cor).
  • 30 de xaneiro. 19:00h. ‘Sicario’ (‘Sicario’, Denis Villaneuve, Estados Unidos, 2015, 121’, Cor).

Hora

Novembro 7 (Venres) 19:00 - Xaneiro 30 (Venres) 19:00

Localización

Casa das Campás. Vicerreiroría do Campus de Pontevedra

Rúa don Filiberto, 9 36002 Pontevedra

Está pasando!