'Coa cabeza nas nubes' de Söa en Pontevedra

dom18xan12:00'Coa cabeza nas nubes' de Söa en PontevedraDomingos do Principal12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O domingo 18 de xaneiro, a compañía galega Söa porá en escena o espectáculo ‘Coa cabeza nas nubes’, dentro dunha nova edición do ciclo Domingos do Principal.

Dobre función: 12:00 e 18:30 horas.

Nun mesmo espazo conviven dous personaxes, un deles afogado polo traballo tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis pero as tarefas vánselle acumulando. A compañeira en vez de botarlle unha man interrómpeo constantemente e só pensa en xogar. E será el quen atopar un tempo para xogaren xuntos?

Entre ambos desátase unha divertida batalla chea de humor e acrobacias onde se confrontan dúas visións da vida.

Danza Clown

Duración: 45 minutos

Idade recomenda a partir de 6 anos

As entradas están á venda en Ataquilla.com a 4 euros e abono para as catro funcións dos Domingos do Principal a un prezo de 12 euros.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!