'Comedia de la buena' con Patricia Espejo en Vigo

sáb18abr22:30'Comedia de la buena' con Patricia Espejo en Vigoun espectáculo de stand-up22:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Patricia Espejo, unha das voces máis destacadas do humor absurdo e surrealista en España, chega ao Teatro Afundación de Vigo co seu espectáculo de stand-up ‘Comedia de la buena’.

Cun humor totalmente afastado da realidade pero que á vez che mergulla no esencial dela, a túa risa será inevitable e a gargallada continúa, non soamente aprenderás cousas novas, tamén esquecerás todo o que sabías ata o de agora.

Case unha hora e media de risas cunha fuerte dosis de improvisación e conexión directa co público.

Natural, espontánea e moi divertida. No momento que a coñezas xa non poderás vivir sen ela.

Entradas anticipadas á venda dende 19,80 euros en Ataquilla.com

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!