Concerto da Orquestra Vigo 430

dom25xan12:00Concerto da Orquestra Vigo 430'PAISAXES SOÑADAS'12:00 Auditorio Martín Códax - Vigo

Detalles do Evento

A tempada da Orquestra Vigo 430 ábrese o domingo 25 de xaneiro no Auditorio Martín Códax co programa ‘Paisaxes soñadas’, unha viaxe polo territorio máis íntimo e imaxinativo do Romanticismo tardío.

A soidade luminosa da Sonata para violín só nº 4 de Eugène Ysaÿe ábrenos as portas dun mundo interior onde virtuosismo e poesía se confunden.

En Märchenbilder, Robert Schumann convídanos a entrar nun universo de lendas e contos sen palabras, onde a viola e o piano debuxan escenas cheas de delicadeza, misterio e emoción.

Tras a pausa, a Sonata para violín e piano de Richard Strauss expándese como unha paisaxe ampla e ardente, onde a intensidade do lirismo straussiano acada unha das súas expresión máis temperás e apaixonadas.

Tres obras, tres modos de soñar: unha travesía pola imaxinación, polos matices da memoria e polas paisaxes invisibles que só a música é quen de revelar.

Intérpretes: Amira Abouzahra (violín e viola) & Cristina Redondo (piano).

Programa:

1ª parte

E. Ysaÿe: Sonata para violín só No.4

R. Schumann: Märchenbilder, para viola e piano

2ª parte

R. Strauss: Sonata for Violin and Piano

Entradas anticipadas á venda dende 6 euros en Ataquilla.com

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo

Está pasando!