Concerto de Abraham Cupeiro & Merzapercusión Ensemble en Vila de Cruces

mar15xul21:00Concerto de Abraham Cupeiro & Merzapercusión Ensemble en Vila de CrucesFestival Internacional de Percusión 202521:00 Concello de Vila de Cruces - Vila de Cruces

Detalles do Evento

Abraham Cupeiro preséntanos neste concerto unha viaxe na que uniremos de novo os continentes mediante a música das diferentes partes do planeta. Pero esta vez, a travesía adquire unha dimensión fascinante e caleidoscópica xunto ao Merzapercusión Ensemble.

Cada golpe, cada vibración, cada resonancia achegará unha nova capa de cor e evocación a esta viaxe musical única.

Unha experiencia sonora inmersiva que espertará os seus sentidos e lembraralles que baixo a diversidade dos nosos continentes latexa un único corazón musical.

Será o martes 15 de xullo, ás 21:30 horas, no CEIP Merza de Vila de Cruces, dentro da programación do Festival Internacional de Percusión 2025.

Entradas anticipadas á venda desde 16,60 euros en Ataquilla.com

FESTIVAL INTERNACIONAL DE PERCUSIÓN

Dende 2006, en paralelo ao Merza Percusión, celébrase tamén o Festival Internacional de Percusión. Cinco xornadas de actuacións e concertos coas que se pretende dar a coñecer tendencias actuais e amosar diferentes propostas artísticas que combinan a percusión con outros formatos menos convencionais.

O Festival Internacional de Percusión ofrece unha ampla e variada programación onde hai cabida para todos os gustos.

Hora

(Martes) 21:00

Localización

Concello de Vila de Cruces

Vila de Cruces

Está pasando!